Os cubozoos (Cubozoa, do grego κύβος kýbos, 'cubo', e ζῷον zôon, 'animal'), son unha clase do filo dos cnidarios (Cnidaria). O seu nome alude á forma cúbica do corpo destes animais.

Posúen certa semellanza coas medusas da clase dos escifozoos (Scyphozoa), e a súa posición taxonómica non está aínda ben definida. Non chegan ás 40 especies descritas que, antigamente, se clasificaban dentro dos escifozoos.

O nome da clase refírese ao aspecto visual dos sifóns, que lembran un cubo (ao contrario das medusas, que son circulares, en forma de paraugas).

Características

Os cubozoos, ao contrario das medusas que son animais planctónicos filtradores, son predadores activos, con capacidade de desprazamento propia. Algúns estudos indican que os cubozoos non se limitan a acompañar as correntes oceánicas e poden percorrer cerca dun quilómetro en media hora. Este modo de vida activo implica a necesidade de períodos de descanso, que os cubozoos realizan durante as noites que pasan no fondo do mar.

Outra característica especial dos cubozoos e que están dotados de visión. Estes animais teñen 24 ollos agrupados en conxuntos de seis e dispostos nos catro lados que compoñen o sifón. Cada un destes conxuntos ten dous tipos de ollos: fosas que detectan a luz (semellantes ás observadas noutros cnidarios) e ollos propiamente ditos, extremadamente complexos e coa mesma estrutura que o ollo humano composto por cristalino, retina e córnea. A pesar desta complexidade, non está claro como é que estes animais procesan a información adquirida polos ollos, xa que non posúen cerebro. En vez dun sistema cognitivo central, os cubozoos teñen zonas de elevada densidade de nervios xunto aos conxuntos de ollos, que poden ser centros de procesamento de información. Para xustificar a evolución dun sistema visual tan elaborado foi suxerido que os cubozoos buscan e cazan activamente as súas presas, que inclúen krill, pequenos cangrexos e peixes.

Clasificación

Taxonomía Segundo o "Système d'Information Taxonomique Intégré": clase Cubozoa orde Carybdeida Claus, 1886 (Sin. de Cubomedusae Haeckel, 1880) familia Carybdeidae Gegenbaur, 1856 orde Chirodropida Haeckel, 1880 familia Chirodropidae Haeckel, 1880 familia Chiropsalmidae Thiel, 1936 miniatura|170px|Lámina de Haeckel con diversos cubozoos. Segundo a "Animal Diversity Web" e a National Center for Biotechnology Information: clase Cubozoa orde Cubomedusae familia Carybdeidae familia Chirodropidae

Segundo Catalogue of life clase Cubozoa orde Chirodropida familia Chirodropidae familia Chiropsalmidae orde Cubomedusae familia Alatinidae familia Carybdeidae

Notas

Véxase tamén

Bibliografía D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de Zoología. Tomo II. Zoología especial. 4ª ed. Barcelona: Editorial Labor, S. A. Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología. 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3. Ruppert, Edward E., Fox, Richard S. e BARNES, Robert D. (2005):Zoologia dos invertebrados: uma abordagem funcional-evolutiva. 7º ed. São Paulo: Roca. ISBN 85-7241-571-8.

Outros artigos Cnidarios Cubomedusas Escifozoos Hidrozoos Tripedalia cystophora

Ligazóns externas Clasificación dos cubozoos Feitos dos cubozoos ThinkQuest: Box jellyfish, Boxfish, Deadly sea wasp Os cubozoos, perigos na gran barreira de coral Ollos dos cubozoos Predicións sobre os cubuzoos

Categoría:Cnidarios