O anarquismo (a filosofía política que propón unha sociedade libre sen xerarquía, baseada na axuda mutua e a cooperación voluntaria) historicamente gañou o maior apoio e influencia no territorio español, especialmente antes da vitoria de Francisco Franco na guerra civil española entre 1936 e 1939, durante o movemento coñecido como Revolución Española.
Historia Existiron numerosas variantes de anarquismo en España: o anarquismo do campesiñado na zona rural de Andalucía; o anarcosindicalismo urbano en Cataluña, particularmente na capital Barcelona, e o que é ás veces chamado anarquismo "puro" noutras cidades como Zaragoza. Porén, estes movementos tiñan e compartían varias similitudes ideolóxicas.
Ó principio os éxitos dos movementos anarquistas foron esporádicos. Os anarquistas organizaban folgas que terminaban por expandirse polo resto do estado. Normalmente as represións policiais reducían o número de manifestantes, pero ó mesmo tempo isto provocaba un fenómeno de radicalización naqueles membros. Este ciclo axudou a liderar unha época de violencia mutua a principios do século XX, na que anarquistas armados dunha banda, e pistoleiros (mercenarios pagados por donos de empresas) doutra, convertéronse en responsables de moitos asasinatos políticos.
Posteriormente, no século XX, a violencia comezou a decaer, e o movemento gañou velocidade co alzamento do anarcosindicalismo e a creación do gran sindicato libertario CNT. As folgas xerais chegaron a facerse comúns, e unha gran porción da clase obreira española adoptou as ideas anarquistas. A FAI foi creada como unha asociación puramente anarquista, coa intención de manter a CNT centrada nos principios do anarquismo.
Os anarquistas desempeñaron un papel destacado na loita armada contra o Bando Nacional durante a guerra civil española. Ó mesmo tempo unha revolución social a grande escala expandiuse a través de todo o territorio español baixo o dominio republicano, onde as terras e fábricas foron colectivizadas e controladas polos traballadores. A revolución empezou a decaer co crecemento da afiliación e o ascenso ó goberno a mediados de 1937 do Partido Comunista de España (PCE), que tiña unha política por completo determinada desde o ministerio de exterior da Unión Soviética stalinista. Este iniciou unha política de militarización progresiva e asimilación das distintas milicias baixo un exército profesional (exército popular), xerarquizado e baixo control directo da administración estatal, así como un fortalecemento e recuperación do control institucional do Estado, incrementando o seu carácter represivo, coa fin de contrarrestar a influencia dos principais grupos revolucionarios e milicianos e restrinxir a súa liberdade e marxe de acción, como a prohibición do periódico da FAI, e a censura doutros medios. A isto engadíase a prolongación indefinida da guerra, que facía afrouxar os ánimos de moitos, e a forza revolucionaria do proceso. Pero o golpe definitivo para toda expectativa de futuro respecto do proceso revolucionario non se consumaría ata a fin da guerra, en 1939, coa vitoria do exército sublevado comandado por Franco, que faría executar a miles de anarquistas e apresar unha importante cifra de disidentes, como presos políticos, fundamentalmente esquerdistas, republicanos e críticos do novo réxime. Pese a isto, a resistencia á súa ditadura nunca morreu completamente, con simpatizantes participando en actos de sabotaxe e outros métodos de acción directa, e nalgunhas ocasións atentando contra a vida do propio gobernante.
O seu legado segue sendo importante na actualidade, particularmente para os anarquistas, anarcosindicalistas, e un sector importante entre os trotskistas, que ven os seus logros como un precedente histórico de validez para un posible proceso de cambio social revolucionario, coa consecución dunha estrutura social sen xerarquías nin clases económicas, organizado a través da participación directa desde abaixo e do control e dirección colectiva e democrática dos medios de produción, de que depende a economía, por parte dos propios produtores, feitos estes centrais das ideas do anarcosindicalismo e o comunismo.
Historia Inicios A mediados do século XIX as ideas revolucionaras eran xeralmente descoñecidas en España. O máis próximo foi a fundación dun movemento entre os seguidores de Proudhon, coñecidos como federalistas, sendo o máis famoso deles Francesc Pi i Margall (nomeado, na súa morte, "O máis sabio dos federalistas, case un anarquista" polo pensador anarquista vigués Ricardo Mella Cea). Sentimentos asociados co anarquismo, tales como o anticlericalismo e a abolición do goberno, foron diseminados por España. Tamén existía o malestar no interior do campesiñado, que non se relacionou con ningún movemento político en particular, pois era un movemento nacido noutras circunstancias. O mesmo ocorreu nas cidades; moito antes de que os traballadores estivesen familiarizados co anarcosindicalismo, houbo folgas xerais e outros conflitos entre os traballadores e os seus patróns.
O primeiro intento con éxito de introducir masivamente o anarquismo en España foi en 1868. Un revolucionario de mediana idade chamado Giuseppe Fanelli chegou a España nunha viaxe planeada por Mikhail Bakunin co obxectivo de recrutar membros para a Primeira Internacional, unha organización internacional que axudou a unificar os grupos obreiros para o beneficio da clase traballadora, se ben posteriormente sería dominada polos marxistas.
Fanelli falaba en francés e italiano, así que os presentes só podían comprender moi pouco do que estaba dicindo, agás un home, Tomás González Morago, que sabía francés. O efecto, porén, foi o mesmo segundo Anselmo Lorenzo, que deu conta da súa oratoria:
Eses traballadores, anhelando moito máis do ofrecido polos suaves radicalismos de entón, chegaron a converterse no núcleo do movemento anarquista en España, esparexendo rapidamente "a idea" a través de España.
As oprimidas e marxinadas clases traballadoras foron moi susceptibles a unha ideoloxía que atacaba ás institucións que eles mesmos percibían como opresivas, a saber: o Estado coa súa corrupción e brutalidade, o capitalismo coas súas doce ducias divididas entre a sufrida pobreza e a gran riqueza, e a omnipotente e represiva institución da relixión organizada.
Unha sección da Primeira Internacional foi axiña establecida en Madrid. Uns poucos anarquistas especializados, seguindo "a idea" introducida por Fanelli, comezaron a manter encontros, dar discursos, e atraer a máis seguidores. En 1870, a sección madrileña da Internacional gañara subitamente 2.000 membros.
O anarquismo gañou unha lista moito maior de seguidores en Barcelona, xa un baluarte da rebelión do proletariado, luddismo, e sindicatos. A clase traballadora militante, tal como en Madrid, foi introducida na filosofía do anarquismo a finais da década de 1860. En 1869, unha sección da Internacional foi formada en Barcelona.
Estes centros de actividade revolucionaria continuaron esparexendo ideas a través de discursos, discusións, encontros e os seus periódicos, como La Solidaridad. O anarquismo axiña xerminou por toda España, en vilas e cidades, e en organizacións autónomas. Algunha das aldeas rurais eran xa anárquicos en estrutura antes de que se estendesen as ideas anarquistas.
esquerda|miniatura|250px|Un gravado do Congreso de 1870 Un importante evento neses anos foi o Congreso de 1870 en Barcelona, onde delegados de 150 organizacións obreiras se reuniron xunto con miles de traballadores comúns ("ocupando cada cadeira, enchendo os corredores, e espallados máis alá da entrada," segundo Murray Bookchin). A sección española da Internacional foi aquí renomeada como a Federación Rexional Española (tamén coñecida simplemente como a Federación española), e foi discutida a futura estrutura da organización. O congreso tiña unha clara cor anarquista malia a presenza de membros non anarquistas da internacional das outras nacións Europeas. Isto foi visto con desdén pola prensa e os existentes partidos políticos. Para o Congreso o ataque aberto ó proceso político era considerado como un medio lexítimo de cambio e presaxio para o futuro poder dos sindicatos como a CNT.
Os socialistas e os liberais dentro da federación española intentaron reorganizar España en 1871 en cinco seccións comerciais con varios comités e consellos. Algúns anarquistas dentro do grupo sentiron que isto era contrario á súa crenza na descentralización. Un ano de conflito tivo lugar, no que os anarquistas pelexaron contra os "autoritarios" dentro da Federación e finalmente os expulsaron en 1872. No mesmo ano Mikhail Bakunin foi expulsado da Internacional polos marxistas, que eran maioría. Os anarquistas, vendo a hostilidade dos seus antigos aliados da esquerda, reformaron a natureza do seu movemento en España. A Federación Española chegou a descentralizarse, agora dependente da acción e dos traballadores máis experimentados en vez dos burocráticos Consellos. Pasaba así a ser un grupo estruturado de acordo cos principios anarquistas.
En Galicia, o escaso número de traballadores urbanos, e aínda menos traballadores das fábricas, como consecuencia do atraso industrial, condicionou negativamente o desenvolvemento do movemento obreiro. Porén, tivo certa presenza en Galicia dende os seus inicios con pequenos e inestables grupos anarquistas na Coruña e Ferrol en 1871-1872 e noutras cidades despois. Algunhas folgas alcanzaron certo nivel, como a de 1891 na Coruña, que se saldou con oito mortos e a declaración do estado de guerra. Os seus primeiros xornais de curta duración aparecen nesta década, como El Obrero de Ferrol ou El Corsario da Coruña. O anarquismo sobreviviu moi recluído no seu feudo coruñés ata que nos anos da Gran Guerra as protestas contra o custo da vida en 1916 e as repercusións en Galicia da folga xeral de 1917 estimularon a súa implantación en Vigo e noutros lugares.Beramendi, Xusto; "Historia mínima de Galicia"
Primeiros tumultos, 1873 a 1900
Na rexión de Alcoi, os traballadores protestaron en 1873 polas oito horas diarias, seguidos con moita axitación por parte dos anarquistas. O conflito volveuse violento cando a policía disparou a unha multitude desarmada, o que causou que os traballadores asaltasen a Casa Consistorial en resposta. Ducias de persoas foron o saldo final do enfrontamento. Historias sensacionalistas foron inventadas pola prensa acerca das supostas atrocidades que en realidade nunca tiveron lugar: sacerdotes crucificados, homes envoltos en lapas etc...
O goberno actuou rapidamente para suprimir á Federación Española. As salas de reunións foron clausuradas, os membros apresados, as publicacións suspendidas. Ata a chegada do século XX, o anarquismo do proletariado permaneceu relativamente sufocado.
Porén, as ideas anarquistas aínda permaneceron sendo populares na zona rural de España, onde campesiños sen terras intentaron unha serie de rebelións infrutuosas co intento de dar paso ó comunismo libertario. De principio a fin durante a década de 1870, a Federación Española manifestouse nas áreas campesiñas de Andalucía despois do declinamento dos seus seguidores urbanos. A principios de 1870 unha sección da Internacional foi formada en Córdoba, creando un vínculo necesario entre os movementos urbanos e rurais.
Estes pequenos aumentos foron destruídos pola represión do Estado, que a mediados da década de 1870 forzara ó movemento a entrar na clandestinidade. A Federación Española foi declinando, e os sindicatos convencionais por un tempo comezaron a substituír a acción revolucionaria, aínda que os anarquistas permaneceron sendo abundantes e as súas ideas non se esqueceron; a natureza liberal deste período foi talvez o berce da desesperación máis que o descontento coas ideas revolucionarias. Os anarquistas deixaron de actuar como tigres solitarios; intentaron organizacións masivas, como o Pacto da Unión e Solidariedade, tendo algúns efémeros éxitos, pero todos terminaron en fracasos.