O 7 de febreiro é o 38º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 327 días para finalizar o ano, 328 nos anos bisestos.

Acontecementos 457: no Imperio bizantino, León I o Tracio convértese en emperador. 1301 - Eduardo II de Inglaterra é proclamado como o primeiro príncipe de Gales. 1876 - Publícase en Ourense o primeiro número da revista satírica O Tio Marcos d'a Portela, primeira publicación periódica integramente en galego. 1923 - Estrea internacional da Selección de fútbol de Galicia. 1965 - A Forza Aérea dos Estados Unidos de América comeza a utilización de napalm sobre Vietnam do Norte. 1966 - O ministro franquista de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne, báñase na praia de Palomares (provincia de Almería), ante o temor a radioactividade dunha bomba H estadounidense perdida no mar nun accidente aéreo. 1981 - Inaugúrase oficialmente a Ponte de Rande, cuxas obras comezaron a finais de 1973. 1986 - En Haití, un levantamento popular fai saír do país ao ditador Jean-Claude Duvalier 1992 - Mediante o tratado de Maastricht, créase a Unión Europea, en Maastricht (Países Baixos)

Nacementos miniatura|100px|Thomas More. 1478 - Sir Thomas More, humanista inglés (m. 1535). 1804 - John Deere, fabricante estadounidense (m. 1886). 1812 - Charles Dickens, escritor británico (m. 1870). 1816 - Jean Frédéric Frenet, matemático francés (m. 1900). 1862 - Francisco Martínez de la Rosa, poeta, dramaturgo e político español (m. 1862). 1870 - Vicente Ramos Rodríguez, empresario filántropo brionés (m. 1937). 1877 - Alfredo García Ramos, xornalista, escritor e xurista galego (m. 1934). 1885 - Sinclair Lewis, escritor estadounidense (m. 1951). 1905 - Paul Nizan, escritor francés (m. 1940). 1909 - Hélder Câmara, bispo brasileiro (m. 1999). 1914 - Ramón Mercader, militar e político catalán (m. 1978). 1926 - William D'Antonio, sociólogo estadounidense. 1933 - Adela Akers, artista téxtil estadounidense. 1940 - Toshihide Maskawa, físico xaponés. 1948 - María del Carmen Pallares Méndez, historiadora galega. 1956 - María Angélica Ayllón Urbina, intérprete e folclorista peruana. 1961 - Benxamín Dosil López, lingüista galego. 1967 - Tareixa Paz, política galega. 1987 - Kerli, pianista e cantante estoniana.

Mortes miniatura|100px|Francis Drake. 1074 - Pandulfo IV de Benevento, copríncipe de Benevento. 1569 - Sir Francis Drake, corsario inglés (n. 1543). 1823 - Ann Radcliffe, novelista británica (n. 1764). 1878 - Papa Pío IX (n. 1792). 1922 - Guillermo de Osma Scull, diplomático, arqueólogo e político español (n. 1853). 1934 - José Rodrigues Vale, coñecido pelo pseudónimo de João Verde, escritor portugués (n. 1866). 1963 - José Puente Castro, médico galego (n. 1883). 1974 - Albino Núñez Domínguez, escritor, pedagogo e poeta galego (n. 1901). 1988 - Manuel Pesqueira, pintor galego (n. 1911). 1990 - Alan Perlis, catedrático de ciencias da computación estadounidense (n. 1922). 1994 - Witold Lutosławski, compositor polaco (n. 1913). 1998 - Antón Risco, escritor galego (n. 1926). 1999 - Hussein I de Xordania (n. 1935). 2003 - Augusto Monterroso, escritor hondureño (n. 1921). 2017 - Tzvetan Todorov, filósofo e historiador francés (n. 1939).

Festas e celebracións Día dos Medios en Galego

Outros Santoral: San Ricardo.

Os 366 días do ano

07