Conan é a tradución inglesa do nome Conán, que en gaélico significa "lobo pequeno".

O nome Conan pódese referir a:

Xente real San Conan (coñecido como San Mochonna), †684. Conan I, 927—992, duque da Bretaña. Conan II (o pequeno), gobernador entre 1040 e 1066, duque da Bretaña. Conan III (o grande) 1096—1148, duque da Bretaña. Conan IV, + 1171, duque da Bretaña. Arthur Conan Doyle, 1859—1930, escritor británico.

Personaxes de ficción O detective Conan serie de anime creada por Gosho Aoyama, protagonizada por Shinichi Kudo, tamén coñecido como Conan Edogawa. O pequeno Conan é unha serie de anime de Hayao Miyazaki estreada en abril de 1978 baseado nunha novela de Alexander Key (The Incredible Tide). Conan o bárbaro é un personaxe de historias escritas por Robert E. Howard. Foi levada ó cinema nos filmes Conan o bárbaro e Conan o destrutor. Capitán Conan, protagonista da película e novela francesas homónimas sobre a fronte oriental da primeira guerra mundial.