A Labrada, tamén coñecida como A Labrada de Lor, é o lugar máis poboado da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo. Contaba en 2007 segundo o IGE, con 37 habitantes (19 homes e 18 mulleres), tres habitantes menos que no ano anterior.
Está situada a 301 m. de altitude, baixo o viaduto da Labrada da estrada nacional N-120 e na ribeira dereita do río Lor.
A aldea celebra as súas festas na honra da Virxe do Carme, no mes de xullo.
Lugares e parroquias Lugares de Barxa de Lor
Parroquias da Pobra do Brollón
Categoría:Lugares da Pobra do Brollón