Moloko foi unha banda angloirlandesa de electropop formada por Roisin Murphy de Wicklow (Eire) e Mark Brydon de Sunderland (Inglaterra). Durante a década dos noventa, conseguiu convencer a moitos mozos da época coa súa elegante proposta de pop electrónico. A banda sepárase en 2001, aínda que seguirían a traballar puntualmente, editando o DVD "11.000 clicks" ou mesmo facendo un pequeno tour acústico en 2006 presentando o disco compilatorio dos mellores éxitos da banda "Catalogue". Desde a súa separación, Roisin Murphy xa publicou dous discos en solitario (o último en outubro de 2007 "Overpowered", mentres Mark Brydon está a traballar nun gran número de pequenos proxectos no seu propio estudio.
Discografía
Aínda que para o grande público a banda só é coñecida por éxitos como "Sing it back" ou "Time is now", Moloko conta cunha extensa discografía.
Álbums
Do You Like My Tight Sweater? (1995), Echo I Am Not A Doctor (1998), Echo Things To Make And Do (2000), Echo Statues (2003), Echo
Remixes e compilacións All Back To The Mine (2001), Echo Catalogue (2006), Echo
Discos en directo 11,000 Clicks (DVD) (2004), Echo
Singles
1995 "Where Is The What If The What Is In Why?" 1995 "The Moloko EP" 1995 "Fun For Me" 1996 "Dominoid" 1996 "Day For Night" 1998 "The Flipside" 1998 "Sing It Back" 1999 "Sing It Back" (re-release) 2000 "The Time Is Now" 2000 "Pure Pleasure Seeker" 2000 "Indigo" 2003 "Familiar Feeling" 2003 "Forever More" 2003 "Cannot Contain This" 2005 "A Style Suite"
Ligazón externa Moloko no Acid Jazz Hispano
Categoría:Música electrónica Categoría:Grupos musicais de Sheffield