Hans Florian Zimmer, nado en Frankfurt, Hesse, o 12 de setembro de 1957, é un compositor alemán. É un dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos en Hollywood. Pioneiro na utilización do uso de computadoras, tecnoloxía de sintetizadores dixitais e teclados xunto a orquestras sinfónicas tradicionais, en melodías de cine e televisión.
Traxectoria De pequeno recibiu clases de piano, e máis tarde trasladouse a Londres onde realizou os seus estudos entrando no mundo da música durante unha longa colaboración co seu mentor Stanley Myers. A comezos dos oitenta mergullouse no mundo do synthpop e new wave, formando con Warren Cann, batería de Ultravox, e Zaine Griff un proxecto musical dese estilo, chamándoo Helden, que gravou cancións e saíu de xira durante 1983; pero a agrupación tivo curta duración. En 1986 realizou o seu primeiro traballo autónomo en Vardo, aínda que seguiu colaborando con Myers ata 1988.
En 1988 preséntase Rain Man dirixida por Barry Levinson e acompañada co traballo musical de Hans Zimmer. Con isto, o mundo cinematográfico fixa a súa atención no novo compositor que escribe melodías moi rítmicas, con temas moi identificativos e totalmente acoplables nunha película.
Tras o éxito de Rain Man, Hans Zimmer intégrase en Hollywood e realiza dous traballos moi importantes: Black Rain e Paseando a Miss Daisy. 1994 Será recordado por un só disco, The Lion King (O Rei León) que lle mereceu o premio Oscar á mellor banda sonora. En 1998 realízase unha ambiciosa produción animada da DreamWorks, The Prince of Egypt onde realizou un traballo xenial. As cancións mostran claramente a man de Zimmer. Conságrase en 2000 coa autoría de A ruta cara ao Dourado e Gladiator que se converte nun éxito de público e nun dos seus traballos máximos.
Nos últimos anos, Zimmer compuxo a música dos filmes The Last Samurai, Batman empeza (en colaboración con outro gran compositor, James Newton Howard). Tamén fixo composicións para: Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest, Pirates of the Caribbean: At World's End e Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides, nas cales foi perfeccionando progresivamente o gran traballo do seu predecesor Klaus Badelt.
Sen dúbida, podemos dicir que Hans Zimmer é un dos grandes compositores dos nosos tempos e, por suposto, un dos nomes que pasará á historia do cine.
Filmografía parcial 2008 O cabaleiro escuro con James Newton Howard 2007 The Simpsons Movie con Dave Stewart Pirates of the Caribbean: At World's End 2006 The Holiday Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest O código Da Vinci 2005 O home do tempo Batman empeza con James Newton Howard Madagascar 2004 Spanglish O Espantatiburóns Thunderbirds King Arthur 2003 The Last Samurai Bágoas do sol Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl 2002 O Sinal Spirit: Stallion of the Cimarron 2001 Black Hawk Down Pearl Harbor Hannibal 2000 Mission: Impossible II Gladiator O Dourado 1998 Moisés: O príncipe de Exipto A Delgada Liña Vermella
1997 Scream 2 O Pacificador 1996 A Roca Frecha Rota 1994 O rei león 1993 A casa dos espíritos Amor a pelacorpo 1992 Toys 1991 - Chamaradas Thelma e Louise 1989 Twister 1988 Segredo en chamas Rain Man Un mundo aparte 1989 A miña fermosa lavandería
Categoría:Compositores Categoría:Músicos de Alemaña Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Frankfurt