En lingüística, a romanización ou latinización é a representación dunha palabra ou lingua mediante o alfabeto latino, no caso de que a palabra ou lingua orixe use un sistema de escrita distinto (ou inexistente).
Métodos e características Entre os métodos de romanización inclúense a transliteración, para representar texto escrito, e a transcrición, para representar a pronuncia das palabras. Esta última pódese dividir en transcrición fonémica (rexistrando fonemas) e a máis estrita transcrición fonética (rexistrando sons da fala).
Cada romanización leva asociada un conxunto de regras para a pronuncia das palabras romanizadas resultantes. Como exemplo de linguas ás que este proceso se lles aplica a miúdo encóntranse o chinés, o xaponés e o coreano.
Véxase tamén
Outros artigos Romanización do hebreo
Categoría:Romanización Categoría:Grafémica