miniatura|Moto do afiador Un afiador é unha persoa que ten como oficio o de afiar.
O afiador en Galicia miniatura|O afiador nunha imaxe de Goya. A profesión de afiador e tradicional en Galicia. Hai constancia da existencia de afiadores ambulantes galegos desde hai tres séculos. Con frecuencia proviñan da provincia de Ourense, en especial dos actuais concellos de Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Esgos, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, Castro Caldelas, San Xoán de Río, A Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa e Manzaneda. Por ser un oficio ambulante, os afiadores galegos percorreron as terras de Castela, Navarra, Cataluña, Valencia ou Andalucía. As súas saídas eran eventuais, traballaban durante uns meses e retornaban ós seus lugares de orixe.
O seu aparello de traballo era unha roda chamada tarazana ou toura, en barallete, a fala propia do gremio. Anunciábanse na rúa tocando o chifre.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía
Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares: Número 5, novembro de 1997 e Número 6, maio de 1998.
Outros artigos Barallete
Categoría:Ocupacións