Acontecementos Xullo - Clausura do IIº Concilio ecuménico de Constantinopla confirma os acordos do Primeiro Concilio de Nicea (325) e condena definitivamente o arianismo e o sabelianismo. Rescrito do emperador romano Graciano condenando o priscilianismo e desterrándoos "extra omnes terras". Setembro - Concilio de Aquilea: O emperador Graciano condena tamén para Occidente a herexía ariana. Os bispos arianos da Dacia, Paladio e Secundiano son depostos.
Nacementos Helian Bobo (赫) (381-425), nado Liu Bobo (劉), emperador fundador do estado Xia, chinés e xiongnu. Nestorio, futuro patriarca de Constantinopla († ca. 451)
Mortes Arrio, disidente cristián, difusor da doutrina da diferente natureza de Cristo a respecto do Pai (n. 318). Atanarico II, rei dos visigodos.
Outros Ambrosio accede á cadeira episcopal de Milán.
Historia ano a ano
Categoría:381