Emma Pedreira Lombardía, nada na Coruña o 11 de novembro de 1978, é unha escritora galega en lingua galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica, é unha poeta e narradora encadrada na Xeración dos 90. Formou parte da Plataforma de crítica feminista A Sega entre 2016 e 2019. En 2018 colaborou na revista Ligeia.

En 2018 gañou o Premio da Crítica Española en Lingua Galega polo seu libro Bibliópatas e Fobólogos.

En xuño de 2018 gañou o Premio Xerais de novela, por Besta do seu sangue, obra da que o xurado asegurou que supón unha proposta "de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros".

En 2019 gañou o premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles no que o xurado salientou "a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama; a innovación no seu achegamento a un clásico universal e ás autoras inglesas da época vitoriana; o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres". O dito libro foi considerado o mellor libro xuvenil do ano pola revista electrónica Fervenzas Literarias e fíxose co galardón de mellor obra xuvenil na Gala do Libro Galego 2020. Obras

Poesía Diario bautismal dunha anarquista morta, 1999, Espiral Maior. Grimorio, 2000, Ediciós do Castro. Corpo, 2001, Edições Tema. As posturas do día, 2001, Follas Novas. Velenarias, 2001, Espiral Maior. Os cadernos d'amor e os velenos, 2002, Espiral Maior. Casa de orfas, 2006, Espiral Maior. Xoguetes póstumos, 2010, A. C. Caldeirón. Antítese da ruína, 2011, PEN Clube de Galicia. Libro das mentiras, 2012, Espiral Maior. s/t (2015). Edicións Xerais de Galicia. 48 páxs. ISBN 978-84-9914-935-6. "D.E.P.", 2017, Madrygal 20 https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/57646/51915 Antídoto, 2018, Alvarellos Editora. As voces ágrafas, 2019, Espiral Maior. "Desviación de conduta", 2020. A Bula, Correio do Porto https://www.correiodoporto.pt/wp-content/uploads/2020/11/A_BULA_dezembro_2020_93-EMMA-PEDREIRA.pdf XelArias. Palabra á intemperie, 2021. Baía Edicións (Ilustracións de Laura Romero). Para saír deste lugar/ Para salir de este lugar. Edición bilingüe gal/cast, 2022, Urutau Editora. As posturas do día/Las posturas del día/After Dark. Edición trilingüe gal/cast/eng, 2023. New York Poetry Press. Inventaria. Poesía reunida 1999-2009. Edición bilingüe gal/cast, 2025, Boulevar Libraría Edicións.

Narrativa Bestiario de silencios (2001). Madame Mir, Santiago de Compostela. As cinzas adentras (2004). Biblos Clube de Lectores. 192 páxs. ISBN 978-8493332761. Corazón e demais tripas (2016). Edicións Positivas. 180 páxs. ISBN 978-84-87783-75-9. Foi traducida ao castelán. Bibliópatas e fobólogos (2017). Editorial Galaxia."Emma Pedreira, escritora, gañadora do ​IV Premio Internacional de Poesía Jovellanos" Zigzag diario. Entrevista de Pilar García Rego para falar do poema "Lista da compra da viúva" e do libro Bibliópatas e fobólogos 148 páxs. ISBN 978-84-9151-037-6.. Foi traducida ao inglés. Besta do seu sangue (2018). Edicións Xerais de Galicia. 120 páxs. ISBN 978-84-9121-448-9. ePub: ISBN 978-84-9121-444-1. As fauces feroces (2019). Baía Edicións. 128 páxs. ISBN 9788499953199. Os corpos invisibles (2019). Xerais. Fóra de Xogo. 208 páxs. ISBN 978-84-9121-584-4. ePub: ISBN 978-84-9121-596-7. Foi traducida ao inglés. Cicatrices do aire (2021). Toxosoutos. 92 páxs. ISBN 978-84-122541-7-4. A parte dos anxos (2023). Con ilustracións de Carlos Lago. Aira Editorial. 56 páxs. ISBN 978-84-125593-9-2. A boca da sombra (2024). Aira Editorial. 104 páxs. ISBN 978-84-127695-3-1.

Ensaio e divulgación Os libros que hai en min (2021). Cuarto de inverno. 160 páxs. ISBN 978-84-121604-9-9. Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo (2022). Coautoría con Marilar Aleixandre. Editorial Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-9151-900-3. As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos (2024). Baía Ed. 416 páxs. ISBN 978-84-9995-453-0.

Obras colectivas VII Certame Literario, 2001, Universidade da Coruña. XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível, 2002, S. C. D. Condado. De soños e memorias, 2003, Espiral Maior. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003), 2004, Ediciós do Castro. Das sonorosas cordas, 2005, Eneida (Madrid). Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos. Disto non se fala, en coautoría Verónica Martínez Delgado, plaqueta editorial Micromundos, 2018. Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis. Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia. Suma Creativa (2022). Afundación. OBRA SOCIAL ABANCA. 165 páxs. Ledicia Costas, Berta Dávila, Antonio Manuel Fraga, Diego Giráldez, O Hematocrítico, María Lado, Emma Pedreira, Mario Regueira, Eli Ríos e María Solar exploran interesantes dimensións metafísicas e/ou simbólicas das pezas plásticas seleccionadas. Fisterra (2022). VVAA. Editorial Linteo. 472 páxs. Entre leiras e labores. Antoloxía verbo visual. Inma Doval (ed.), 2022, Urutau editora.

Obra plástica O Elo, 2020. Urutau editora. Poemas de Quico Valeiras e collages de Emma Pedreira (serie Os traballos d´amor meigos) Bicadora Duncan. Conto e collages (2020) Autoedicións Micromundos. Xela Arias. Poeta nas marxes. Portada e collages interiores (2021) Daniel Chapela (coord.) O Arquivo das Trasnas, Pontevedra. Círculo dentro do círculo, 2021. Urutau editora. Poemas de Inma Doval Porto e colaxes de Emma Pedreira.

Edicións dixitais Un anaco da novela As fauces feroces, traducida para o inglés por Kathleen March como Voracious.Está dispoñible en Words without borders, the online magazine https://www.wordswithoutborders.org/article/march-2021-writing-from-galicia-voracious-emma-pedreira-kathleen-march O seu micropoemario Poemas irlandeses, traducido ao español por Víctor Vázquez e ao inglés por Jorge R. Durán.Foi publicado pola Nueva York Poetry Review https://www.nuevayorkpoetryreview.com/Nueva-york-Poetry-Review-3183-92-poesia-espaola-emma-pedreira A Fundación Esteros publicou na súa revista dixital a versión bilingüe galego-castelá de Facelo por toda a casahttps://esteros.org/2021/04/07/emma-pedreira-galicia/ Un anaco de Besta do seu sangue, traducido ao inglés por Kathleen March.Pode lerse en http://galicianliterature.gal/emma-pedreira

Recoñecementos En 2018 participou en Vértice de versos, unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega.

En 2019 presentouse un documental centrado na súa figura, titulado O des-en-freo, de Daniel Chapela, Beatriz Pereira e Sara Piñeiro no que participan Eli Ríos, María Lado, Miriam Ferradáns, Susana Sánchez Arins, Lucía Novas, Quico Valeiras, Antía Marante e David Cortizo Conde.

Premios Premio de poesía Johán Carballeira no 1998, por Diario bautismal dunha anarquista morta. Premio Faustino Rey Romero no 1999, por Corpo. XII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1999, por Grimorio. Premio Johán Carballeira no 2000, por Velenarias. Premio de poesía Fermín Bouza Brey no 2001, por Os cadernos d'amor e os velenos. Accésit no XI Certame de Poesía Rosalía de Castro da Casa de Galiza en Córdoba no 2001, por As posturas do día. Premio Modesto R. Figueiredo no 2002, por Os doces devorados. Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2002. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2005, por Casa de orfas. IX premio de poesía Novacaixagalicia no 2010, por Antítese da ruína. XIV Certame de poesía Concello de Carral no 2011, con Libro das mentiras. Premio de poesía Gonzalo López Abente no 2015, por S/T. Premio Narrativas Quentes no 2016, por Corazón e demais tripas. Premio internacional Jovellanos. El mejor poema del mundo no 2017 por "Lista da compra da viúva". Premio de poesía Concello de Vilalba no 2017, por Antídoto. VI Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas de Vigo en 2018, por Metamorfose. Premio da Crítica de narrativa galega no 2018, por Bibliópatas e fobólogos. Premio Xerais de novela en 2018, por Besta do seu sangue. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2018, por As voces ágrafas. Premio Arcebispo Xoán de San Clemente por A besta do seu sangue en 2019. Premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles en 2019. Premio de relato de aventuras Avilés de Taramancos con Cicatrices do aire en 2020.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Emma Pedreira en "Antología de Joven Poesía Gallega" (en castelán) "Lista da compra da viúva" no Portal das Palabras o 19/4/2017 para ilustrar na sección Allos con bugallos as palabras lista, listaxe e listado. Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública o 3 de novembro de 2018 Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública o 15 de maio de 2020

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Premio Jules Verne Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1978 Categoría:Escritores de literatura erótica Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón