Tarouca é unha cidade portuguesa no Distrito de Viseu, Rexión Norte e subrexión do Douro, na antiga Beira Alta, con cerca de 3.400 habitantes. Tarouca foi elevada á categoría de cidade o 9 de decembro de 2004.
É capital dun concello de 101,50 km² de superficie e unha poboación, en regresión, de 8.303 habitantes (2004), subdividido en 10 freguesías. O municipio está limitado a Nordeste polo concello de Armamar, no Leste por Moimenta da Beira, ao Sur por Vila Nova de Paiva, a Suroeste por Castro Daire e ao Noroeste por Lamego.
Freguesías As parroquias de Tarouca son: Dálvares Gouviães Granja Nova Mondim da Beira Salzedas São João de Tarouca Tarouca Ucanha Várzea da Serra Vila Chã da Beira
Patrimonio Igrexa de São Pedro de Tarouca Mosteiro de São João de Tarouca Torre de Ucanha Mosteiro cisterciense de Salzedas Arcos de Paradela Casa do Paço
Categoría:Concellos do distrito de Viseu