Humberto Viola, nado en 1943 e finado en San Miguel de Tucumán o 1 de decembro de 1974, foi un militar arxentino.

Traxectoria O Capitán Humberto Viola estaba destacado na provincia de Tucumán onde traballaba en intelixencia baixo as ordes do Xeneral Luciano Benjamín Menéndez.

Foi asasinado pola organización guerrilleira Ejército Revolucionario del Pueblo. Foi atacado cando conducía o seu automóbil xunto coa súa esposa María Cristina Picón e as súas dúas pequenas fillas María Cristina de 3 anos e María Fernanda de 5 anos, no momento de chegar á casa dos seus pais. A súa filla María Cristina tamén foi asasinada en tanto que a súa filla María Fernanda resultou gravemente ferida.

No parte de guerra da Compañía de Monte Ramón Rosa Jiménez do ERP, que executou o atentado, descríbense os feitos deste xeito:

Recordo da Cámara dos Deputados Ao cumprirse 30 anos do asasinato a Cámara dos Deputados da Nación realizou un minuto de silencio en recordo do asasinato do Capitán Viola e a súa filla María Cristina Viola"Homenaje de los diputados al Capitán Viola" , La Nueva Provincia, 4 de dcembro de 2004 .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Asesinato del Capitán Humberto Viola y su hija, La Década del 70 Recordarán la muerte de Humberto Viola, La Nación, 1 de decembro de 2004 Homenaje de los diputados al Capitán Viola, El País, 4 de decembro de 2004

Categoría:Asasinatos na Arxentina Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados na provincia de Tucumán Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades sen imaxes