Os centros clandestinos de detención ou CCD foron as instalacións secretas empregadas polas forzas armadas e de seguridade para executar o plan sistemático de desaparición de persoas da ditadura autodenominada Proceso de Reorganización Nacional na Arxentina.

As Forzas Armadas clasificaban os CCD en dous tipos: Lugar de Reunión de Detidos (LRD): tiñan unha organización máis estábel e estaban preparados para aloxar, torturar e asasinar a grandes cantidades de detidos. Lugar Transitorio (LT): tiñan unha infraestrutura precaria e estaban destinados a funcionar como un primeiro lugar de aloxamento dos detidos-desaparecidos.

O plan do goberno de facto, que exerceu o poder na Arxentina entre o 24 de marzo de 1976 e o 10 de decembro de 1983, formaba parte das operacións de contrainsurxencia clandestinas, comezadas poucos anos antes, no marco do Operativo Independencia, para eliminar a disidencia política. Operativos similares leváronse a cabo noutros países da rexión, co apoio expreso do goberno dos Estados Unidos, interesado en promover a toda costa o control do comunismo e outras correntes ideolóxicas opostas ao seu bando na guerra fría.

Panorama xeral 300px|miniatura|Escavación do ex Centro clandestino de detención Club Atlético, Paseo Colón 1200, Cidade de Buenos Aires Os primeiros CCD foron instalados en 1975, antes do golpe militar do 24 de marzo de 1976. Nese ano xa estaban en funcionamento la Escuelita en Faimallá (Tucumán) e Campito (Provincia de Buenos Aires). Tamén en 1975 funcionou un CCD na planta da empresa Acindar en Villa Constitución, presidida por José Alfredo Martínez de Hoz, como parte da estrutura represiva organizada para conter a folga declarada polo sindicato UOM en maio dese ano.

En 1976 chegaron a existir 610 CCD, pero moitos deles foron temporais e circunstanciais. Logo dos primeiros meses posteriores ao golpe de estado, a cifra estabilizouse en 364 CCD. En 1977 a cantidade reduciuse a 60. En 1978 hai 45 CCD, e para 1979 os centros chegaron a 7. En 1980 quedaban dous: a ESMA e o Campito (Campo de Mayo). En 1982 e 1983 a ESMA era o único campo de concentración que seguía sendo utilizadoSeoane 2001, 227/228.

En Buenos Aires houbo 60 centros, na provincia de Córdoba 59 e na Santa Fe 22.

Cinco grandes centros foron o eixe de todo o sistema: a ESMA e o Club Atlético na Cidade de Buenos Aires; o Campito (Campo de Mayo) e El Vesubio no Gran Buenos Aires (Provincia de Buenos Aires); e La Perla (centro de detención) en Córdoba.

A pesar das súas diferenzas, os CCD foron organizados cunha estrutura e un réxime de funcionamento similar. Todos os CCD contaban cunha ou máis sás de torturas, amplos espazos para manter aos desaparecidos sempre en condicións de gran precariedade, e un centro de vivendas para os torturadores e gardas. Case todos tiñan algún tipo de servizo médico. Nalgúns casos houbo servizos relixiosos permanentes para o persoal militar.

Os Grupos de Tarea (GT, tamén coñecidos como "patotas") estaban encargados de realizar os secuestros, xeralmente de noite. Inmediatamente os detidos-desaparecidos eran levados ao CCD correspondente, onde permanecían constantemente encapuchados e esposados. Inmediatamente eran severamente torturados e interrogados polos mesmos integrantes dos GT. O tempo deste período inicial de tortura variaba considerabelmente, malia en termos xerais pode dicirse que oscilaba entre un e dous meses. Con posterioridade a ese período inicial de tortura-interrogatorio, dispoñíase: 300px|miniatura|Memoria histórica

o asasinato do detido-desaparecido ou detida-desaparecida . En todo os CCD utilizouse o mesmo eufemismo para referirse ao asasinato do detido-desaparecido: "o traslado". Os métodos utilizados para o asasinato e desaparición dos cadáveres variaron desde os chamados voos da morte, os fusilamentos en masa, fosas comúns, tumbas NN, incineración de cadáveres etc. o branqueo: legalizábase ao detido-desaparecido e poñíase a disposición do Poder Executivo Nacional. A partir de 1980, desta situación, podía derivar a deportación e o exilio, polo uso da opción constitucional (Art. 23), ou o axuizamento por tribunais militares e a condena a prisión. a liberdade. a continuidade como detido-desaparecido, por razóns variadas (utilización como escravos, colaboradores, reféns etc.).

Durante a súa permanencia no CCD procedíase sistematicamente á deshumanización dos detidos-desaparecidos mediante diversos procedementos: substitución do nome por un número, violacións, animalización, humillación, amoreamento, condicións intolerábeis de aloxamento, nudez forzada, racismo, antisemitismo, homofobia etc.

Tamén existiu unha política e un procedemento común para as detidas-desaparecidas que se atopaban embarazadas. Nese caso postergábase o asasinato e producíase un parto clandestino con supresión da identidade do bebé quen era entregado para a súa crianza a persoas intimamente vinculadas ao sistema represivo, e nalgúns casos partícipes do asasinato do pai e/ou nai biolóxico. Malia que este feito é aínda discutido, xa que os rexistros oficiais só amosan a existencia de 12 casos, dos que 2 só son militares. Sen considerar os aproximadamente 500 casos en que foron nenos entregados ao sistema legal para ser devoltos aos seus respectivos familiares. Incluso as avoas de Praza de Maio, no seu último libro, non falan de máis de 60 casos, dos cales infiren responsabilidade directa só a 6 casos.

Cidade de Buenos Aires La ESMA

O centro clandestino de detención máis famoso e case emblemático do Proceso foi a Escuela Superior de Mecánica de la Armada (ESMA). Situado no casino de oficiais desa institución da Armada Arxentina, na zona norte da Cidade de Buenos Aires (Núñez), sobre a Avenida do Libertador ao 8200 (), funcionou desde marzo de 1976 a novembro de 1983.

Dependía en última instancia do almirante Eduardo Massera, e estivo directamente a cargo do Grupo de Tareas 3.3/2, dirixido polo contraalmirante Rubén Chamorro e o capitán o Tigre Acosta. Outros soados represores que formaron parte do mesmo foron Alfredo Astiz, Ricardo Miguel Cavallo e Adolfo Scilingo; o presbítero Alberto Ángel Zanchetta foi capelán da ESMA durante 1977.

A ESMA converteuse na base do poder político da Mariña e en particular de Massera; foi clausurado en novembro de 1983, logo das eleccións nas que gañou Raúl Alfonsín e poucos días antes de que asumisen as autoridades constitucionais.

O 24 de marzo de 2004 o presidente Néstor Kirchner e o Xefe de Goberno da Cidade de Buenos Aires Aníbal Ibarra asinaron un "Acordo entre o Estado nacional e a Cidade Autónoma de Buenos Aires para a construción do espazo para a memoria e para a promoción e defensa dos dereitos humanos no predio da ESMA" que quedou rexistrado baixo o Nº 8/04. A decisión foi anunciada nun acto masivo, no que se abriron as portas de Escuela de Mecánica de la Armada.

El Olimpo miniatura|320px|dereita|"El Olimpo" funcionou entre 1978 e 1979

"El Olimpo" foi un centro clandestino de detención situado no oeste da cidade de Buenos Aires, barrio de Floresta entre as rúas Olivera, Ramón Falcón, Lacarra, Fernández e Rafaela (). O centro tiña na entrada un cartel que dicía "Bienvenido al Olimpo de los Dioses. Los Centuriones". O centro só funcionou durante seis meses, de agosto de 1978 a xaneiro de 1979, porén alí foron aloxados 700 detidos dos cales sobreviviron 50.

Este centro clandestino dependía de Guillermo Suárez Mason (alcumado o carnicero do Olimpo), comandante do I Corpo do Exército Arxentino. O responsábel do campo foi o Maior do Exército Guillermo Minicucci, e del dependían tamén oficiais da Policía Federal Arxentina como Julio Simón (alcumado "o Turco Julián") e Juan Antonio del Cerro alcumado "Colores").

O edificio utilizábase como terminal de autobuses, ata que nos comezos do Proceso de Reorganización Nacional foi expropiado polas Forzas Armadas. A principios de 1978 construíronse as celas para aloxar aos detidos, as cales foron construídas por detidos que foron trasladados desde outros centros.

O CCD tiña 4 fileiras de 20 celas cada unha, con argolas de ferro nas paredes para suxeitar aos prisioneiros. Existía unha sala de garda, o casino dos suboficiais, as habitacións onde durmirían os carcereiros, latrinas, un lavadoiro, unha zona de duchas, e un almacén no que se depositaban as neveiras e televisores roubados durante as operacións de secuestro. As instalacións incluían dúas sás de tortura, con cablaxe eléctrica reforzada.

Coa chegada da democracia o edificio pasou a mans da Policía Federal Arxentina, e foi convertido nun centro de verificación automotor. O predio foi declarado sitio histórico mediante a Lei 1197 da Lexislatura da Cidade de Buenos Aires, e en xuño de 2005 foi traspasado ao Goberno da Cidade de Buenos Aires en cumprimento do acordo asinado entre o Presidente Néstor Kirchner e o Xefe de Goberno Anibal Ibarra o 4 de outubro de 2004. En 2006, o Goberno da Cidade de Buenos Aires xunto con organizacións veciñais e de dereitos humanos avaliaron o futuro uso do predio. En 1999 realizouse unha película co nome de "Garage Olimpo", dirixida por Marco BechisCrítica de "Garage Olimpo" (1999)..

El Club Atlético 200px|miniatura|Escavación do ex Centro clandestino de detención El Club Atlético, Paseo Colón 1200, Cidade de Buenos Aires

"El Club Atlético", El Club o El Atlético foi un centro clandestino de detención situado no sur da cidade de Buenos Aires, próximo ao barrio de La Boca na Avenida Paseo Colón 1200. Recibiu ese nome por estar situado nas proximidades do Club Atlético Boca Juniors.

Tratábase dun edificio público que foi demolido para construír a autoestrada 25 de Maio. Con posterioridade atopáronse as súas ruínas e o Goberno de Buenos Aires comezou a realizar as escavacións necesarias para recuperalo como espazo de memoria.

Provincia de Tucumán Escuelita de Famaillá A La escuelita de Famaillá correspondeulle o triste privilexio de constituírse no iniciador da experiencia dos campos de concentración no país.

En febreiro de 1975, coa posta en marcha do "Operativo Independencia", aséntase na localidade de Famaillá un centro clandestino de detención a cuxo cargo atópase primeiramente o xeneral Acdel Vilas, e do que logo se faría cargo o xeneral Antonio Domingo Bussi. Desde ese momento ata a data do golpe militar do ano 1976 funcionou nunha escola que se atopaba en construción na cidade de Famaillá.

Provincia de Buenos Aires Campito

O Campito foi o principal campo de concentración utilizado polo exército. Tamén era coñecido como "Los Tordos". Funcionou en Campo de Mayo (San Miguel (partido), Gran Buenos Aires, Provincia de Buenos Aires), a máis importante guarnición militar da Arxentina entre 1975 e 1982. Por alí pasaron uns 5.000 detidos. Só 43 sobreviviron.Campo de Mayo é unha enorme área militar de 5000 ha, a 30 km do centro da Cidade de Buenos Aires. Situado preto das cidades de San Miguel e Villa Mayo, na zona onde se cruzan a Ruta Nacional 8 e a Ruta Provincial 202 (), que o bordean. No Hospital Militar de Campo de Mayo funcionou un sistema de partos clandestinos.

En Campo de Mayo, de marzo de 1976 a 1980 funcionaron catro CCD: o Campito, "la Casita" ou "las Casitas", a Prisión Militar de Procesadoos, e o Hospital Militar.

O centro estivo baixo a área de mando do Comando de Institutos Militares, que na época do seu funcionamento estivo a cargo dos xenerais Santiago Omar Riveros, José Montes, Cristino Nicolaides e Reynaldo Benito Bignone. O Campito estivo dirixido directamente polo tenente coronel Jorge Vosso, en tanto que o maior médico Julio César Caserotto foi xefe do servizo de Maternidade do Hospital Militar.