miniatura|Os indultos foron asinados polo presidente Carlos S. Menem entre 1989 e 1990. Se coñecen como os indultos de Menem unha serie de dez decretos sancionados o 7 de outubro de 1989 e o 30 de decembro de 1990 polo daquela presidente da Arxentina Carlos Menem, indultando civís e militares que cometeron delitos durante a guerra sucia na Arxentina incluíndo aos membros das xuntas condenados no Xuízo ás Xuntas de 1985, o ministro de Economía José Alfredo Martínez de Hoz e os líderes das organizacións guerrilleiras. Mediante estes decretos foron indultados máis de 200 persoas .

As leis de Punto Final e Obediencia Debida e os indultos de Menem son coñecidas como as leis de impunidade.

Logo de que en 2003 o Congreso da Nación declarara a nulidade das leis de Punto Final e Obediencia Debida algúns xuíces comezaron a declarar inconstitucionais aqueles indultos referidos a crimes de lesa humanidade

Os indultos de 1989

O 7 de outubro de 1989 o presidente Menem sancionou catro decretos indultando a 220 militares e 70 civís.

Decreto 1002/89: Indulta a todos os xefes militares procesados que non foran beneficiados polas leis de Punto Final e Obediencia Debida, agás o ex-xeneral Carlos Guillermo Suarez Mason, que fora extraditado dos Estados Unidos. Decreto 1003/89: É o máis confuso en canto ás persoas que beneficia. Indulta a líderes e membros dos grupos guerrilleiros e outras persoas acusadas de subversión, entre elas persoas que se atopaban mortas ou "desaparecidas". Tamén indulta a militares uruguaios. Decreto 1004/89: Indulta a todos os participantes das rebelións militares carapintadas de Semana Santa e Monte Caseros en 1987 e de Villa Martelli en 1988. Decreto 1005/89: Indulta aos ex-membros da Xunta de Comandantes Leopoldo Galtieri, Jorge Isaac Anaya e Basilio Lami Dozo, condenados polos delitos cometidos na condcción da Guerra das Malvinas.

Os indultos de 1990

O 29 de decembro de 1990 o presidente Menem sancionou seis decretos indultando a un novo grupo de persoas.

Decreto 2741/90: Indulta aos exmembros das xuntas de comandantes condenados no Xuízo ás Xuntas de 1985 Jorge Rafael Videla, Emilio Massera, Orlando Ramón Agosti, Roberto Viola, e Armando Lambruschini. Indulta tamén aos militares condenados en crimes de lesa humanidade Ramón Camps e Ovidio Riccheri. Decreto 2742/90: Indulta a Mario Firmenich, líder da organización guerrilleira Montoneros. Decreto 2743/90: Indulta a Norma Bremilda Kennedy procesada por malversación de fondos públicos. Decreto 2744/90: Indulta a Duilio Antonio Rafael Brunello condenado a inhabilitación absoluta e perpetua polo delito de malversación de fondos públicos. Decreto 2745/90: Indulta ao exministro de Economía José Alfredo Martínez de Hoz por participación nos delitos de lesa humanidade (secuestro e torturas) contra Federico e Miguel Ernesto Guthein. Decreto 1005/89: Indulta ao ex militar Guillermo Suárez Mason por delitos de lesa humanidade.

Inconstitucionalidade dos indultos

Logo de que en 2003 o Congreso da Nación declarara a nulidade das leis de Punto Final e Obediencia Debida algúns xuíces comezaron a declarar inconstitucionais aqueles indultos referidos a crimes de lesa humanidade e a reabrir os casos.

O 15 de xuño de 2006 a Cámara de Casación Penal, máximo tribunal penal da Arxentina, considerou que os indultos concedidos en delitos de lesa humanidade eran inconstitucionais .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Guerra sucia na Arxentina Xuízo ás Xuntas Dereitos humanos

Ligazóns externas Entrevista a Hugo Cañón, primer fiscal el plantear la nulidad de los indultos, por Laura Vales, Páxina 12, 20 de marzo de 2004

Categoría:Historia da Arxentina Categoría:Dereitos humanos na Arxentina