miniatura|dereita|200px|Fragmento do Mapa de Piri Reis.

Piri Reis ou Pīrī Re’īs, anteriormente Hājjī Mehmet, nado en Gallípoli, na actual Turquía, no ano 1465 e decapitado en Exipto en 1554, foi un almirante, mariño e cartógrafo turco otomán.

Traxectoria Discípulo e sobriño de Kemal Reis, empezou a aprender a navegar ós doce anos. Foi un home de gran cultura, xa que era quen de falar, ademais da súa lingua nativa, árabe, grego, castelán e portugués. Participou en numerosas guerras contra a república de Venecia entre os anos 1499 e 1502, ademais de contra os cabaleiros de Rodas e os mamelucos de Exipto (1523).

miniatura|esquerda|200px|Mapa de figuración dos fondos mariños de Piri Reis. Segundo o seu autor inclúe "todas as costas, as illas poboadas ou desérticas, os ríos, as rochas a flor de auga ou baixo a agua, os bancos de area (...)"

Sitiou Xibraltar por ordes do sultán otomán pero terminou aceptando un suborno que lle ofreceron os sitiados. O gobernador de Exipto, Alí Bajá, tivo conocemento disto e mandou chamar a Reis para que explicase a súa actitude, pero este negouse, polo que Bajá mandou detelo e condenalo a morte no cadafalso. Tiña 89 anos.

Obra A súa maior obra foi o Kitab-i Bahriye ("Libro das Materias Mariñas"), un atlas náutico que contén o famoso Mapa de Piri Reis, dedicado ó sultán Solimán o Magnífico en 1525, recuperado en 1929 e conservado na actualidade no Museo Topkapı Sarayı, no Palacio de Topkapi en Istanbul.

Na actualidade o seu famoso e enigmático mapa dos contornos orientais de Suramérica constitúe unha auténtica ícona nacional para Turquía. Tanto é así que aparece no reverso dos billetes de dez millóns de liras.

Véxase tamén Outros artigos Mapa de Piri Reis

Categoría:Xeógrafos Categoría:Exploradores Categoría:Nados na provincia de Çanakkale Categoría:Cartógrafos Categoría:Nados en 1465 Categoría:Finados en 1554