Acontecementos Asia O rei de Himyar (Iemen), Abraha, monta unha expedición contra o santuario pagán da Meca. Cosroes I, rei de Persia, reemprende a guerra con Xustiniano, rei bizantino, invadindo Siria : Antioquía, a cidade máis importante nesa altura, é saqueada e os traballadores metalúrxicos de Antioquía son deportados para Persia.
Europa Hordas de hunos e búlgaros entrados no imperio bizantino, saquean Grecia. O xeneral bizantino Belisario conquista Milán e máis a capital dos ostrogodos, Rávena. Os francos invaden a provincia Tarraconense en Hispania.
Nacementos Gregorio I o Grande, papa (data probábel de nacemento; † 604) Xoán de Biclaro (Johannes Biclarensis), escritor e eclesiástico hispano (m. 621).
Mortes Vitixes, rei dos ostrogodos.
Outros
Historia ano a ano
Categoría:540