Acontecementos Oriente próximo 17 de xuño - É elixido para o califato Alí, curmán e xenro de Mahoma, despois da morte de Otman. 9 de decembro - Primeira Guerra Civil musulmá - Batalla do Camelo, preto de Basora: Alí derrota a Aixa, viúva de Mahoma e aos seus seguidores.

Europa Celébrase o VIII Concilio de Toledo, so o rei visigodo Recesvinto (649 - 672). Promúlgase o Liber Iudiciorum: recolle a doutrina dos concilios toledanos; a súa aplicación baséase na territorialidade e non no sangue.

Nacementos Zhongzong, emperador da dinastía Tang, da China.

Mortes 17 de xuño - Otman (Uthman ibn Affan), 3º califa elixido despois da morte de Mahoma, asasinado.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:656