miniatura|150px|O escravo pedagogo. A pedagoxía é a ciencia que estuda a educación como fenómeno tipicamente social e especificamente humano.
O seu significado está relacionado coa arte ou ciencia de ensinar. A palabra provén do grego antigo παιδαγωγός (paidagogós), o escravo que traía e levaba os nenos á escola. Das raíces paidós ('neno') e ago ('levar', 'conducir'). Inicialmente non se refería á ciencia, senón que era a denominación dun traballo: o pedagogo era o guía do neno.Tamén se define como a arte de ensinar. Moi relacionado con este campo disciplinar, está a andragoxía.
Coa Ilustración europea de finais do século XVIII e comezos do XIX, desde Francia, Alemaña e Inglaterra, xente como o Marqués de Condorcet, Rousseau, Herbart, Pestalozzi, ou Fröbel, examinan o interese "ilustrado" polo progreso humano, retomando o significante grego. Agora con outros significados que, por outra parte, xa estaban ancorados nas mesmas raíces sinaladas. Dun lado, "paidós", 'neno', comeza a expandirse ó significado do humano, de tódalas etapas da vida humana, e non só da nenez. O verbo, igualmente, deixa de ser o significado base da "guía" física ou psíquica para pasar a significar "condución", "apoio", "persoal", "vivencial".
Por iso, reiteradas veces se ten explicitado "pedagoxía" como "androgoxía", significante que non chegou a ter a mesma aceptación. Talvez porque "pedagoxía", ademais da tradición, tiña ó seu favor a insistencia na infancia como tempo crucial para construír a persoa a perfeccionar. Ademais de evitar as preocupacións da linguaxe sexista actual que requiriría "androgoxía" e "xinegoxía", canto menos.
Concepto de pedagoxía A pedagoxía é un conxunto de saberes que se ocupan da educación como fenómeno tipicamente social e especificamente humano. É por tanto unha ciencia de carácter psicosocial que ten por obxecto o estudo da educación coa fin de coñecela e perfeccionala. A pedagoxía é unha ciencia aplicada que se nutre de moitas outras ramas, como a socioloxía, economía, antropoloxía, psicoloxía, historia, filosofía ou medicina.
É importante considerar que a pesar de que a conceptualización da pedagoxía como ciencia é un debate aínda aberto e que se centra nos criterios de cientificidade que se aplican ás demais ciencias e que non se aplican directamente á pedagoxía. Por isto referirse á pedagoxía como ciencia pode ser un tanto ambiguo, incorrecto, ou polo menos debatible. Existen autores que definen á pedagoxía como un saber, outros como unha arte, e outros como unha ciencia (se ben recoñecendo que como ciencia habería que establecer apuntamentos específicos) de natureza propia e obxecto específico de estudo, que son os sistemas públicos educativos e non a educación en xeral. En vista de que a súa razón de ser non se atopa en si mesma, e que non é senón o punto de chegada e partida de diversas elucubracións respecto da educación, e contidos que se poden observar noutras ciencias.
Tipos de pedagoxía Existen varios criterios a través dos que se pode categorizar á pedagoxía: 1. Pedagoxía Xeral: É a temática que se refire ás cuestións universais e globais da investigación e da acción sobre a educación. 2. Pedagoxías específicas: As que ó longo dos anos sistematizaron un diferente corpo do coñecemento, en función das realidades históricas experimentadas (Pedagoxía Evolutiva, Diferencial, Educación especial, de adultos ou Andragoxía/ da Terceira Idade etc...) 3. Tipos de pedagoxías segundo o propósito que propoñen: Pedagoxías tradicionais Pedagoxías da modernidade Pedagoxías Contemporáneas
Porén, López Herrerías sinala que a pedagoxía en si, ó estudar ó home "bio-psico-socio-cultural" xa están implícitas todas esas pedagoxías.
Hai que distinguir que a pedagoxía é a ciencia que estuda a educación, mentres que a didáctica é a disciplina ou conxunto de técnicas que facilitan a aprendizaxe. A didáctica é unha disciplina da pedagoxía.
A letra Pi (π) adoita ser utilizada como símbolo da pedagoxía.
Saídas Profesionais do Pedagogo: Existen dous grandes ámbitos dentro das saídas profesionais que un pedagogo pode ocupar: O "social e empresarial" e o relacionado coa Organización escolar e a Dirección de Centros:
O pedagogo pode traballar en distintos ámbitos e realizar diversas actividades: Gabinete de Pedagoxía. Orientación laboral, persoal, familiar e escolar, tanto en centros públicos como privados. Colaboración e orientación en editoriais de libros relacionados coa educación. Asesoramento pedagóxico. Educación de adultos. Recursos Humanos en distintos tipos de empresas. Xestión da formación levando a cabo tarefas de planificación de accións formativas para empregados. Inspección e asesoramento educativo. Formación de formadores. Pedagoxía hospitalaria. Museística. Educación de persoas con n.e.e. Avaliación de centros. Diagnósticos pedagóxicos en calquera centro, como os ocupacionais. Traballo en centos de día e demais institucións dedicadas á terceira idade, así como en distintas organizacións, asociacións ou oenegués. Coordinación de obradoiros educativos, intervención sociocultural en barrios marxinais, coordinación de actividades de lecer e tempo libre, coordinación de proxectos de educación ambiental. Investigación do campo educativo. Traballo en Centros de Profesores e Recursos (CPR´s), Axencias de colocación e ETT´s. Coordinación de Programas de Iniciación Profesional (Plans de Garantía Social). Educación en Institucións penitenciarias.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Educación. Escola. Paideia.
Ligazóns externas
Revista Española de Pedagogía (castelán) Colexio de Pedagogos de Catalunya (COPEC) Facultade de Pedagoxía da Universidade de Barcelona
Categoría:Pedagoxía Categoría:Socioloxía Categoría:Psicoloxía