O Premio de poesía Fermín Bouza Brey foi convocado en 1992 polos concellos de Vilagarcía de Arousa, Cortegada e Ponteareas en dúas modalidades: para alumnos de EXB e para poetas noveis. No caso dos poetas noveis o premio consistía nunha cantidade en metálico e a publicación da obra en Espiral Maior.
O Concello de Vilagarcía de Arousa convocou en solitario o Premio de poesía Centenario Fermín Bouza Brey en 2001, que gañou Emma Pedreira con Os cadernos d'amor e os velenos, instaurando a partir dese momento unha convocatoria bianual.
Obras gañadoras 1992: Liques na memoria de Rafa Vilar. 1993: Flor de tan mal xardín de Isolda Santiago. 1994: Elevar as pálpebras de Yolanda Castaño. 2001: Os cadernos d'amor e os velenos de Emma Pedreira. 2003: Cidades de area de Xurxo Alonso. 2005: Poesía en ruta de Xerardo Quintiá. 2007: A árbore seca de David Souto. 2009: premio deserto.
Notas
Fermín Bouza Brey