Xesaleico foi un rei visigodo da Hispania visigoda entre 507 e 511, ou 513. Fillo ilexítimo e sucesor de Alarico II, foi elixido pola nobreza despois do falecemento do seu pai. Tivo a oposición de Teodorico o Grande, rei dos ostrogodos, que desexaba o reinado para Amalarico, fillo lexítimo de Alarico II e suposto neto seu, mentres se constituía en rexente.
Acosado, tivo que abandonar a Galia e refuxiarse en Barcelona, que se converteu en capital do reino. Posteriormente partiu ao norte de África en busca de axuda vándala, pero foi derrotado ao seu regreso, en Ibbas, Barcelona, no 511, onde foi capturado e executado. Teodorico o Grande faise cargo da rexencia xa que Amalarico era menor de idade, iniciándose un período de dominación ostrogoda.
Véxase tamén
Outros artigos
Reino visigodo Lista dos reis visigodos Galicia na monarquía visigoda Moeda visigoda
Categoría:Reis visigodos Categoría:Finados en 511 Categoría:Finados en 513 Categoría:Dinastía Baltinga