O caxubio é unha lingua da familia eslava falada polo pobo caxubio ó norte da República de Polonia, na costa do Mar Báltico. O caxubio está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

A súa proximidade lingüística co polaco fai que haxa moita xente que a considere coma un dialecto do polaco (lingua lequítica), aínda que en realidade forma parte dun subgrupo eslavónico diferente, dentro do cal se emparenta co polabio e o eslovincio. Estruturalmente, ten unha gran cantidade de arcaísmos e empréstimos xermánicos cando se compara coas linguas eslavas veciñas.

Sociolingüística Sociolingüisticamente, distribúese polo rural, especialmente nas camadas menos escolarizadas da poboación, polo que os falantes desenvolveron un sentimento de estigma e autoodio propio de moitas linguas minorizadas sen recoñecemento oficial. Dende hai uns anos, o goberno polaco potenciou a súa presenza na televisión e radio estatais e, cumprindo co Convenio Europeo para a Eliminación de tódalas formas de Discriminación (CERD), estableceu o ensino de lingua caxubia en 19 centros para 1 470 alumnos (1999-2000) e mesmo o ensino optativo na Universidade de Gdańsk.

Literatura O seu sistema literario baséase en xéneros como a poesía ou a regueifa e na exaltación rexionalista, temática a prol da lexitimación que é habitual nas linguas estigmatizadas. As súas asociacións son máis activas e agrúpanse na "Asociación Caxubio-pomerana" (Zrzeszenie Kaszubsko-Pomorskie) dende 1929.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en caxubio Lingua pomerana

Categoría:Linguas eslavas Categoría:Linguas de Polonia