dereita|miniatura|280px|Texto en quenya, escrito nos alfabetos tengwar e latino. O quenya (pronunciado [ˈkʷɛn.ja]),Tolkien escribiu en "Outline of Phonology" (en Parma Eldalamberon 19, p. 74) sobre a fonoloxía do quenya: é "un son como o de new en inglés". En quenya, ⟨ny⟩ é unha combinación de consoantes, ibídem., p. 81. é unha das linguas ficticias inventadas por J. R. R. Tolkien e a usada polos elfos na súa saga literaria da Terra Media. Tolkien comezou a desenvolver a lingua dende 1910 e reestruturou a gramática varias veces até que o quenya alcanzou o seu estado final. O vocabulario permaneceu relativamente estable ó longo do proceso de creación. Ademais, o nome da lingua foi cambiado repetidamente por Tolkien, de elfin e qenya a quenya. A lingua finesa foi a principal fonte de inspiración, mais Tolkien tamén estaba familiarizado latín, co grego e coas linguas xermánicas antigas cando comezou a construír o quenya.
O corpus de textos que constitúen as fontes de coñecemento actual sobre o quenya inclúen o poema Namárië, coñecido como O lamento de Galadriel, o texto orixinal máis extenso nesta lingua, extraído da obra capital de Tolkien: O Señor dos Aneis.
Coñécese a existencia do quenya polo menos desde a primeira guerra mundial, cando Tolkien tiña pouco máis de vinte anos. A lingua foi desenvolvida ó longo da vida de Tolkien, acadando unha etapa que algúns estudosos cualifican como "madura" a partir de O Señor dos Aneis. Tolkien quixo dar unha aparencia de lingua clásica ó quenya, de xeito que intentou que tivese unha semellanza visual co latín, o que conseguiu en certo modo usando unha forma característica de transcribir o quenya ó noso alfabeto. Os dous inspiradores do quenya son pois, o latín, e o finés, sendo posible tamén algunha influencia do galés e do grego, como no caso do xenitivo plural -on e o nexo "nai" (que), posiblemente do grego "na". Todas estas influencias non foron directas de ningún modo, pois non xeraron vocabulario. Máis ben trátase dunha inspiración estética moi forte en Tolkien, - "fonoestética" segundo el mesmo.
Estrutura Fonética: Ten 36 fonemas consonánticos, 1 semiconsonántico, 2 ditongais e 10 vocálicos, estes últimos dividíndose, sobre os mesmos timbres, en vogais curtas e longas. Escrita: Tolkien desenvolveu a escrita Tengwar para a maioría das linguas da Terra Media, aínda que tamén empregou para algunhas un alfabeto rúnico, baseado no aspecto do anglosaxón. É un tipo de escrita considerada moi fermosa, e está descrita polo seu autor nos anexos d'O Señor dos Aneis. Sistema nominal: Polo xeral, os substantivos en quenya carecen de xénero gramatical. No apartado do número gramatical, o quenya evidencia un singular e tres tipos de plural: o simple, o dual, e o partitivo. Ó igual que nas linguas clásicas, por exemplo o latín, en quenya existe o fenómeno da declinación nominal. Os casos dos dous modelos quenya de declinación nominal son: nominativo, acusativo, instrumental, xenitivo, alativo, locativo, ablativo, dativo e respectivo. Sistema verbal: Existen tres modos verbais en quenya: indicativo, imperativo e subxuntivo. O primeiro evidencia os tempos de aoristo presente, futuro, pasado simple e pasado perfecto, sospeitándose igualmente outros tempos, sen quedar pechado definitivamente o catálogo dos mesmos. O imperativo e o subxuntivo constrúense de forma analítica. A parte do modo e o tempo, os verbos quenya contan cos accidentes de número e persoa. Outras características interesantes son a existencia de verbos compostos mediante preposicións, ou a construción de formas de frecuentativo por reduplicación do radical verbal. Sintaxe: A orde non marcada en quenya é SVO (suxeito-verbo-obxecto) con bastante liberdade posicional debido ó uso de casos. Exemplo de texto en quenya: O Noso Pai, traducido por Tolkien, publicado no número 43 da revista Vinyar Tengwar e en castelán pola revista Axxón: Átaremma i ëa han ëa na aire esselya aranielya na tuluva na care indómelya cemende tambe Erumande ámen anta síra ilaurëa massamma ar ámen apsene úcaremmar sív' emme apsenet tien i úcarer emmen. Álame tulya úsahtienna mal áme etelehta ulcullo násie.
Fonética Vogais O quenya ten 10 vogais básicas, diferenciadas tanto como en lonxitude como en calidade. Estas vogais son:
a : [a] á : [aː] e : [ɛ] é : [eː] i : [i] í : [iː] o : [ɔ] ó : [oː] u : [u] ú : [uː]
Consoantes Pronúncianse como en galego, agás as seguintes: h : [h] ó inicio da palabra ou entre vogais, [ç] tras e ou i, [x] nos demais casos qu : nw : ng o ñ : ngw : hy : hw : ty : ly : ny :
Acentuación As palabras en negra son termos en quenya
A sílaba tónica non se marca de forma gráfica (o til indica o alongamento da vogal na transcrición en alfabeto latino), senón que obedece ás regras de prosodia: . As palabras bisilábicas adoitan ser graves, como: QUENdi (elfos), FIrë (Home mortal). O único exemplo contrario parece ser a forma imperativa avá. . As palabras de tres ou máis sílabas son esdrúxulas cando a penúltima sílaba é curta e graves se esta é longa, como: yo-ME-ni-ë (reunión), otorNASsë (irmandade), avaNÓtë (innumerable), enDÓrë (Terra media).
Considéranse longas as sílabas con: vogais acentuadas ditongos (que en quenya só son: ai, ei, oi, ui, au, eu, iu) vogais curtas seguidas de dúas consoantes.
Elisión Cando unha palabra quenya termina en -a e a seguinte empeza por vogal, o -a pode desaparecer, e ambas palabras pronúncianse como unha. En caracteres latinos represéntase mediante un apóstrofo. Elen síla lumenn'omentielvo (Unha estrela brilla na hora do noso encontro; A Irmandade do Anel).
Gramática O quenya é un idioma flexivo, o que significa que a función da palabra na frase ou caso gramatical está determinada por unha serie de afixos. As seguintes táboas amosan as inflexións. Declinacións Singular lassë cirya meldo elen nat Nominativo lassë cirya meldo elen nat Acusativo lassë cirya meldo elen nat Xenitivo lassëo ciryo meldo eleno nato Dativo lassen ciryan meldon elenen naten Instrumental lassenen ciryanen meldonen elennen natenen Posesivo lasséva ciryava meldova elenwa nateva Locativo lassessë ciryassë meldossë elenessë natessë Alativo lassenna ciryanna meldonna elenenna natenna Ablativo lassello ciryallo meldollo elenello natello Respectivo lasses ciryas meldos elenes nates
Dual lassë cirya meldo elen nat Nominativo lasset ciryat meldu elenet natu Acusativo lasset ciryat meldu elenet natu Xenitivo lasseto ciryato melduo eleneto natuo Dativo lassent ciryant meldun elenent natun Instrumental lassenten ciryanten meldunen elenenten natunen Posesivo lassetwa ciryatwa melduva elenetwa natuva Locativo lassetsë ciryatsë meldussë elenetsë natussë Alativo lassenta ciryanta meldunna elenenta natunna Ablativo lasselto ciryalto meldullo elenelto natullo Respectivo lassetes ciryates meldus elenetes natus
Plural lassë cirya meldo elen nat Nominativo lassi ciryar meldor eleni nati Acusativo lassi ciryar meldor eleni nati Xenitivo lassion ciryaron meldoron elenion nation Dativo lassin ciryain meldoin elenin natin Instrumental lassinen ciryainen meldoinen eleninen natinen Posesivo lassiva ciryaiva meldoiva eleniva nativa Locativo lassessen ciryassen meldossen elenissen natissen Alativo lassennar ciryannar meldonnar eleninnar natinnar Ablativo lassellon ciryallon meldollon elenillon natillon Respectivo lassis ciryais meldois elenis natis
Plural partitivo lassë cirya meldo elen nat Nominativo lasseli ciryali meldoli eleneli nateli Acusativo lasseli ciryali meldoli eleneli nateli Xenitivo lasselion ciryalion meldolion elenelion natelion Dativo lasselin ciryalin meldolin elenelin natelin Instrumental lasselínen ciryalínen meldolínen elenelínen natelínen Posesivo lasselíva ciryalíva meldolíva elenelíva natelíva Locativo lasselissë ciryalissë meldolissë elenelissë natelissë Alativo lasselinna ciryalinna meldolinna elenelinna natelinna Ablativo lasselillo ciryalillo meldolillo elenelillo natelillo Respectivo lasselis ciryalis meldolis elenelis natelis
Conxugacións O quenya ten tres tipos de verbos, de acordo á súa terminación: en -a, en -u ou en consoantes, os así chamados "verbos primitivos"; tamén se poden distinguir cinco tempos (presente, aoristo, pasado, futuro e perfecto).A conxugación fórmase por aglutinación, cunha orde de VSO; o suxeito pode ir implícito se xa está explicitado cun pronome separado ou se é expreso. O obxecto vai separado se o pronome tamén o está.
hautanyel (eu detéñote)= hauta (deter) + -nye (eu) + -l (te)
ou ben: Inye hauta le (eu detéñote a ti)
O Tempo Aoristo
Primitivos Verbos -A Verbos -U Raíz hir- hauta- allu- Significado encontrar deter lavar Singular hirë hauta allo Plural hirir hautar allur
O Tempo Presente con alongamento de vogal
Primitivos Verbos -A Verbos -U Raíz hir- cava- palu- Significado encontrar escavar estender Singular híra cávëa pálua Plural hírar cávëar páluar
O Tempo futuro
Primitivos Verbos -A Verbos -U Raíz hir- hauta- allu- Significado encontrar deter lavar Singular hiruva hautuva allúva Plural hiruvar hautuvar allúvar
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Traducións da Biblia a linguas ficticias Bibliografía
Bibliografía adicional Appleyard, Anthony (1992). "Quenya Grammar Re-Examined". Quettar 43, pp. 3–21. Derzhanski, Ivan A (1997). "E man i yulma oi enquanta men?" Vinyar Tengwar 38, pp. 14–18. Foster, Robert e Glen GoodKnight (1971). "Sindarin and Quenya Phonology". Mythcon I: Proceedings, 54–56. Os Ánxeles: Mythopoeic Society. Gilson, Christopher e Carl F. Hostetter (1994). "The entu, ensi, enta Declension: A Preliminary Analysis". Vinyar Tengwar 36, pp. 7–29. Gilson, Christopher e Patrick Wynne (1991). "The Elves at Koivienéni: A New Quenya Sentence". Mythlore 17(3), pp. 23–30. Hostetter, Carl F (1992). ""Si man i-yulmar n(g)win enquatuva": A Newly-Discovered Tengwar Inscription". Vinyar Tengwar 21, pp. 6–10.
Kloczko, Edward (1995). Dictionnaire des langues elfiques, volume 1 (Quenya-Français-Anglais/Quenya-French-English). Toulon: Tamise.
Welden, Bill (2001). "Negation in Quenya". Vinyar Tengwar 42, pp. 32–34. Wynne, Patrick H. e Christopher Gilson (1993). "Trees of Silver and of Gold: A Guide to the Koiveinéni Manuscript". Vinyar Tengwar 27, pp. 7–42.
Ligazóns externas The Elvish Linguistic Fellowship Parma Eldalamberon Vinyar Tengwar Ardalambion A site with Fauskangerian Neo-Quenya. Parma Tyelpelassiva – The book of silver leaves "The s-case"
Categoría:Linguas ficticias Categoría:Linguas da Terra Media Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Elfos da Terra Media