miniatura|dereita|Karen Blixen, á dereita, en 1957 Karen Christence Blixen-Finecke, tamén coñecida polos sobrenomes Isak Dinesen e Pierre Andrézel, nada en Rungsted o 17 de abril de 1885 e finada o 7 de setembro de 1962, foi unha escritora de orixe dinamarqués en lingua inglesa e dinamarquesa.
Existe tradución publicada en galego do seu relato "A páxina en branco"[https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=547281 Ficha da obra. (orixinalmente escrito en inglés como "The Blanket page" e contido na compilacion Last Tales) e da novela 'Ehrengard.
Traxectoria Nenez Karen Blixen naceu en Rungstedlund, ao norte da illa danesa de Selandia, sendo a segunda filla dun grupo de cinco rapaces: Inger, Karen, Ellen (mozas), Thomas e Anders (rapaces, os mais novos dos cinco) nacidos da unión entre o escritor e capitán Wilhelm Dinesen e Ingeborg Dinesen. En 1895 Wilhelm Dinesen, o pai, suicidouse á idade 49 anos, e así ficou a nai soa cos cativos que daquela tiñan entre un e doce anos. O seu pai viña dunha familia próspera, a súa nai non. Karen, pola súa parte, medrou nunha contorna semellante á dunha familia nobre; tiñan criados e solvencia económica. Hoxe en día a súa casa de infancia en Rungstedlund está convertida nun museo, o Museo de Karen Blixen.
Viaxe a África e volta a Dinamarca En 1914, Blixen trasladouse á África do Leste, daquela baixo dominio británico, o que hoxe é Kenya. Alí tiña unha plantación de café principiada xunto ao marido, o seu curmán segundo o barón Bror Blixen-Finecke, con quen casara aquel mesmo ano. En 1921 separáronse e no ano 1925 divorciáronse, mais Blixen ficou en África até 1931. Era moi feliz coa vida na granxa, mais había ao menos tres razóns que motivaban o seu regreso a Dinamarca: A saúde: Dende 1914 sufría de sífilis e tivo que regresar en numerosas ocasións a Dinamarca para recibir tratamento. A crise mundial: Sensíbel á Crise de 1929, tivo dificultades coa economía da plantación. O amor: En 1918 coñeceu a Denys Finch-Hatton, un piloto e cazador de animais salvaxes inglés. Pasaron de ser coñecidos a ser amantes, e entre 1926 e 1931 Finch-Hatton estabeleceu a granxa coma a súa base para o tempo no que non andaba de caza ou pilotando. O 14 de maio de 1931 chocou co avión en pleno voo e feneceu.
Así as cousas, Blixen volveu a Dinamarca e alí estivo até a súa morte en 1962. As súas experiencias en África aparecen reflectidas nos seus libros Out of Africa (1937) e Skygger på Græsset -en galego, Sombras sobre a Herba- (1960).
Obra Sandhedens hævn (Copenhaguen, 1926) Seven Gothic Tales (Londres, 1934), Syv fantastiske Fortællinger (Copenhaguen, 1935) Out of Africa (Londres, 1937), Den afrikanske Farm (Copenhaguen, 1937) Winter's Tales (Londres, 1942), Vinter-Eventyr (Copenhaguen, 1942) Gengældelsens Veje (Copenhaguen, 1944) Skygger på Græsset (Copenhaguen, 1960)
Póstuma Ehrengard'' (EUA, 1962)Ficha en BiTraGa.Traducida ao galego por Xesús Araúxo e publicada por Sotelo Blanco en 1997..
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de Karen Blixen – Isak Dinesen Pequena biografía de Isak Dinesen/Karen Blixen Museo Karen Blixen, Dinamarca Museo Karen Blixen, Kenya
Categoría:Escritores en lingua dinamarquesa Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Dinamarca Categoría:Nados na rexión de Hovedstaden Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1962