O Tribunal Supremo dos Estados Unidos (en inglés, Supreme Court of the United States), é o tribunal máis alto existente nos Estados Unidos de América. Como tal, o Tribunal é a cabeza do Poder Xudicial dos Estados Unidos.
O Tribunal está formado por un Xuíz Presidente (Chief Justice) e oito Xuíces Asociados (Associate Justices), que son nomeados polo presidente dos Estados Unidos e confirmados co "consello e consentimento" do Senado dos Estados Unidos. Unha vez no tribunal, o cargo e vitalicio e só poden ser depostos polo Congreso mediante un proceso de impeachment, con todo, os xuíces poden renunciar cando o desexen. Ningún xuíz foi destituído do seu cargo, aínda que moitos retiráronse ou renunciaron.
O Tribunal Supremo é o único tribunal establecido pola Constitución dos Estados Unidos; tódolos demais foron creados polo Congreso. O Tribunal posúe a facultade de revisión xudicial e a facultade de declarar inconstitucionais leis federais ou estatais e accións dos poderes executivos federais e estatais. As súas decisións non poden ser apeladas.
O Tribunal Supremo reúnese en Washington, D.C.. Ás veces, de xeito coloquial, faise referencia a el polo seu acrónimo en inglés SCOTUS (de Supreme Court of the United States).
Composición Número de membros A Constitución norteamericana non especifica o número de membros que debe ter o Tribunal Supremo; no seu lugar, o Congreso ten a facultade de fixar o número de xuíces. Orixinalmente, o número total de xuíces foi fixado en seis pola Lei Xudicial (Judiciary Act) de 1789. Mentres o país creceu xeograficamente, o número de xuíces aumentou. O Tribunal foi ampliado a sete membros en 1807, nove en 1837 e dez en 1863.
Pola (Circuit Judges Act) de 1869, o número de xuíces foi fixado outra vez en nove (un Xuíz Presidente e oito Xuíces Asociados), que se mantivo desde entón.
Nomeamento miniatura|150px|Judiciary Act de 1789. A atribución de nomear aos seus membros correspóndelle ó presidente dos Estados Unidos. Como regra xeral, o presidente nomea a unha persoa que comparta os seus ideais político-xudiciais. Con todo, regularmente o presidente trata de buscar un candidato que sexa aceptado tanto por liberais como por conservadores, xa que un candidato cuxos pensamentos sexan considerados demasiado extremos pode ser rexeitado polo Senado.
Nalgúns casos, as decisións dos xuíces tenden a ser o oposto ao que o presidente esperaba del cando o nomeou. Un exemplo disto é o caso do Xuíz Presidente Earl Warren quen foi nomeado polo presidente Dwight D. Eisenhower anticipando que sería un xuíz conservador. Porén, durante a presidencia de Warren, emitíronse decisións que foron consideradas entre as máis liberais de toda a súa historia.
O "consello e consentimento" do Senado é requirido para calquera proposta de nomeamento ó Tribunal Supremo. O proceso de confirmación regularmente atrae a un gran número de grupos activistas quen fan campaña en prol ou en contra do nomeado. O Comité de Asuntos Xudiciais leva a cabo as vistas e os interrogatorios para determinar a calidade do nomeado. Logo, o pleno do Senado considera o nomeamento; requírese de maioría simple para confirmar ou rexeitar ao nomeado. Doce nomeados foron explicitamente rexeitados polo Senado. O máis recente foi en 1987, cando o Senado rexeitou a Robert Bork. En 1991, o nomeamento do Xuíz Clarence Thomas foi case rexeitada debido a imputacións de índole sexual, pero o nomeado finalmente foi aprobado cunha votación de 52 a 48.
Nalgúns casos, o Senado pode rexeitar a un nomeado ao non votar por el. Por exemplo, a minoría pode utilizar a técnica do "filibusterismo" (alongamento do debate por varios días). Ademais, o presidente pode retirar un nomeamento se ve claramente que o nomeado non será confirmado. Recentemente, o presidente George W. Bush retirou o nomeamento de Harriet Miers logo de críticas de parte de sectores republicanos.
Ata a década dos oitenta o proceso de confirmación dos nomeados era relativamente curto; en ao redor dun mes decidíase se o nomeado integraría o Tribunal ou non. Con todo, a partir da presidencia de Ronald Reagan o tempo do proceso de confirmación estendeuse. Estimouse que iso pode deberse á percepción pública de que os xuíces do Tribunal Supremo teñen moito poder.
A media de tempo entre o xurdimento de vacantes no Tribunal é de aproximadamente dous anos. Porén, hai períodos onde non xurdiron vacantes por un longo tempo. Por exemplo, non houbo vacantes desde o nomeamento do Xuíz Stephen Breyer en 1993 ata que a Xuíza Sandra Day O'Connor anunciou seu retiro no verán de 2005.
Os períodos de xurisprudencia do Tribunal desígnanse comunmente polo nome do Xuíz Presidente de quenda. Por exemplo, o Tribunal durante 1969-1986 coñéceselle como "Período Burger" (polo nome do Xuíz Presidente Warren Burger) e durante 1986 a 2005 coñéceselle como "Período Rehnquist" (polo nome do Xuíz Presidente William Rehnquist).
Cada xuíz do Tribunal Supremo é asignado a un ou dous dos circuítos xudiciais federais. O Xuíz Presidente regularmente é asignado ao Circuíto do Distrito de Columbia e ao Circuíto Federal. Os demais xuíces son asignados aos demais circuítos. Cando un caso quere ser levado ó Tribunal Supremo, débese rexistrar na oficina do xuíz que ten competencia sobre o circuíto onde xurdiu a apelación.
En lingua inglesa, o título oficial dun membro do Tribunal Supremo é justice, o cal tradúcese literalmente como xustiza, mentres o termo judge tradúcese literalmente como xuíz. Con todo, ese non é o título utilizado para os membros do Tribunal Supremo, pero comunmente chámase en español xuíces aos membros do Tribunal Supremo e, ocasionalmente, maxistrados. No caso de España, os membros do Tribunal Constitucional (o equivalente ao Tribunal Supremo norteamericano) denomínanse maxistrados.
Requisitos para ser membro A Constitución non establece explicitamente os requisitos necesarios para ocupar unha cadeira no Tribunal. De feito, non establece parámetros como a nacionalidade ou a idade necesaria, como o fai no caso do poder lexislativo e executivo. Con todo, o presidente comunmente nomea individuos que teñan experiencia xudicial previa xa sexa a nivel estatal ou federal. Dos actuais nove xuíces no tribunal, sete ocuparon postos xurídicos no goberno federal.
Os nomeados ó Tribunal Supremo son avaliados pola American Bar Association e reciben unha de tres avaliacións finais: "moi cualificado", "cualificado" ou "non cualificado". Porén, esa avaliación non representa obrigación algunha nin para o Senado nin para o presidente, aínda que comunmente son tomadas en consideración.
Composición actual Os actuais membros do Tribunal Supremo son os seguintes, en orde de precedencia:
Orde Xuíz Idade Nomeado por AnoXuíz PresidenteJohn RobertsGeorge W. Bush2005Xuíz AsociadoJohn Paul StevensGerald Ford1975Xuíz AsociadoAntonin ScaliaRonald W. Reagan1986Xuíz AsociadoAnthony KennedyRonald W. Reagan1988Xuíz AsociadoDavid SouterGeorge W. Bush1990Xuíz AsociadoClarence ThomasGeorge W. Bush1991Xuíza AsociadaRuth Bader GinsburgBill Clinton1993Xuíz AsociadoStephen BreyerBill Clinton1994Xuíz AsociadoSamuel AlitoGeorge W. Bush2006
miniatura|300px|dereita|Os actuais Xuíces do Tribunal Supremo. De esquerda a dereita, de pé; Xuíz Breyer, Xuíz Thomas, Xuíza Ginsburg, Xuíz Alito. De esquerda a dereita, sentados; Xuíz Kennedy, Xuíz Stevens, Xuíz Presidente Roberts, Xuíz Scalia e Xuíz Souter.
Nótese que o Xuíz Presidente sempre é o xuíz de maior precedencia. Isto débese a que o Xuíz Presidente é primus inter pares (o primeiro entre iguais).
Durante as sesións do Tribunal, os xuíces tamén sentan en orde de precedencia, co Xuíz Presidente ao centro e os demais xuíces alternándose aos lados deste. Os actuais membros sentan de esquerda a dereita na seguinte orde: Xuíz Breyer, Xuíz Thomas, Xuíz Kennedy, Xuíz Stevens, Xuíz Presidente Roberts, Xuíz Scalia, Xuíz Souter, Xuíza Ginsburg e Xuíz Alito.
Desde o punto de vista xurídico-político, os Xuíz Presidente Roberts, e os Xuíces Asociados Scalia, Thomas e Alito son considerados parte do á conservadora do Tribunal. Os xuíces Stevens, Souter, Ginsburg e Breyer son considerados membros do á liberal do Tribunal. O xuíz Kennedy considérase moderado e tende a ser o voto decisivo nos casos pechados.
Decisións As decisións do Tribunal Supremo constitúen precedente (binding precedent) que obriga a tódolos demais tribunais a respectalas. Ademais, as súas sentenzas teñen a capacidade de derrogar leis.
Dous casos que marcaron a historia dos Estados Unidos foron Brown contra Consello de Educación (1954) e Roe contra Wade (1973). No primeiro caso, o Tribunal Supremo estableceu que a segregación racial nas escolas públicas era inconstitucional. A partir desa decisión, a segregación en calquera sitio público pasou a ser igualmente inconstitucional. No segundo, o Tribunal determinou que o dereito ao aborto non podía ser negado ás mulleres, xa que existe un dereito á privacidade na constitución que protexe ás mulleres e as súas decisións. Aínda hoxe, esta decisión resulta controvertida e membros do Tribunal, como os xuíces Scalia e Thomas, expresaron que Roe foi unha decisión errónea.
Os xuíces oen os argumentos dos diferentes casos e logo reúnense para discutilo entre eles. Cada xuíz do Tribunal ten un voto en cada caso. Cando hai polo menos cinco xuíces a favor dalgunha decisión, esa pasa a ser a opinión do Tribunal que representa o precedente final. O xuíz de maior experiencia entre os cinco votantes ten o privilexio de escoller cal deles escribirá a opinión do Tribunal. Se o Xuíz Presidente atópase entre a maioría, o privilexio pasa a el.
Todo xuíz ten dereito a escribir unha explicación do seu voto. Se o seu voto atópase entre a maioría, o xuíz escribe unha opinión concorrente. Se o xuíz votou en contra da maioría, escribe entón unha opinión disidente. Téñanse en conta que só a decisión da maioría representa un precedente legal.
As opinións do Tribunal sobre algún caso publícanse algún tempo logo de que este foi visto. Cando se chega a unha decisión, xeralmente infórmase o número de xuíces que votou a favor da opinión do tribunal. Por exemplo, dise que "O Tribunal en Roe contra Wade votou 7-2 a favor da legalización do aborto". É dicir, sete xuíces votaron a favor da decisión e dous en contra.
Historia O Tribunal Supremo é o único establecido pola Constitución dos Estados Unidos, e foi creado en 1789 baixo a Lei Xudicial de 1789. O Tribunal iniciou as súas funcións por primeira vez o 2 de febreiro de 1790 Constitución dos Estados Unidos DATES TO REMEMBER.
Os períodos de Jay, Rutledge, e Ellsworth (1789 - 1801) O primeiro Xuíz Presidente do Tribunal foi John Jay. A decisión máis controvertida considerada deste período é Chisholm contra Xeorxia, na cal se sostivo que o tribunal federal podía coñecer demandas en contra de Estados. Desde entón, respondendo á preocupación de varios estados, o Congreso propuxo a Décimo Primeira Emenda, que concedeu inmunidade aos estados baixo certos supostos fronte ás demandas xudiciais nos tribunais federais. A Emenda foi ratificada en 1795.
A Jay sucedeulle o Xuíz Presidente John Rutledge, e logo Oliver Ellsworth. Durante estes períodos non xurdiron casos importantes.
O período Marshall (1801 - 1835)