A Selección de fútbol de Albania (en ) é o equipo representativo de Albania nas competicións internacionais oficiais de fútbol. Está controlada pola Federación Albanesa de Fútbol (Federata Shqiptare e Futbollit, FSHF), afiliada á UEFA. O maior éxito da selección foi a súa clasificación á Eurocopa de 2016, onde non conseguiron superar a fase de grupos. Por outra banda, nunca conseguiron disputar a fase final da Copa do Mundo de Fútbol.
Cores e símbolos Albania xoga con camisola vermella, pantalóns negros e medias vermellas, ás veces con decoracións brancas ou negras. A segunda equipaxe é normalmente branca con pantalóns negros ou vermellos. As cores recordan a bandeira albanesa, vermella cunha aguia negra bicéfala no centro. O escudo que usa non é o mesmo que o da federación, sendo un deseño simple vermello coa aguia no centro, que lembra a bandeira nacional, contorneado dunha banda branca co nome na lingua orixinal da federación en caracteres dourados.
Estadio Non hai un estadio de fútbol oficial nacional en Albania, pero normalmente o equipo xoga no Qemal Stafa. Construído sobre o 1930, era no inicio un complexo polideportivo, pero hoxe é empregado case exclusivamente para o fútbol. Con capacidade para 40.000 espectadores é o maior estado de Albania.
Historia O debut no panorama futbolístico internacional foi na posguerra, cando Albania consegue a independencia tras o fin da ocupación italiana. Albania presentouse por primeira ven ás clasificadoras dunha Eurocopa na edición de 1964 e dun mundial en . En 1968 o equipo albanés, que contaba con Panajot Pano (considerado un dos mellores futbolista albaneses da historia), conseguiu empatar con (0−0), o que comprometeu a clasificación dos alemáns para a Eurocopa de Italia de 1968.
Unha xeración de bos futbolistas conduciu os albaneses a excelentes resultados nos anos 80: durante as clasificadoras para o Mundial de México de 1986 conseguiu un prestixioso 2-2 en Polonia, vencendo posteriormente a Bélxica 2-0, futura semifinalista do torneo. Nos últimos anos, Albania mellorou notablemente o seu nivel, conseguindo vencer Grecia 2-1 na clasificación para o Mundial de Alemaña 2006, que posteriormente serían campións de Europa na Eurocopa de Portugal de 2004. En Albania 2016 conseguiron disputar á fase final da Eurocopa.
Xogadores Xogadores con máis participacións #NomePeríodoParticipacións (goles)1Altin Lala1998-201179 (2)2Klodian Duro2001-201177 (6)3Lorik Cana2003-76 (1)4Ervin Skela2000-201175 (13)5Erjon Bogdani1996-201374 (18)6Foto Strakosha1990-200473 (0)7Igli Tare1997-200768 (10).Altin Haxhi1995-200968 (3)8Alban Bushi1995-200767 (14)9Alban Bushi1995-200767 (14)10Armend Dallku2005-64 (1)
Máximos anotadores #NomePeríodoGoles (encontros)1Erjon Bogdani1996-201318 (74)2Alban Bushi1995-200714 (67). Ervin Skela2000-201113 (75)4Altin Rraklli1992-200511 (63). Hamdi Salihi2006-11 (48)5Sokol Kushta1987-199610 (31). Igli Tare1997-200710 (68)6 Miguel Sastre1996-200910 (55)7 Ardian Aliaj2002-20068 (29)8 Loro Borici1946-19586 (23). Bledar Kola1994-20016 (38). Edmond Kapllani2004-6 (41). Klodian Duro2001-20116 (78)9 Rudi Vata1990-20015 (59). Ilir Pernaska1971-19815
Véxase tamén Outros artigos Federación Albanesa de Fútbol
Categoría:Fútbol en Albania