A Selección de fútbol de Armenia (en armenio: Հայաստանի ֆուտբոլի ազգային հավաքական, Hayastani futboli azgayin havak'akan) é o equipo que representa a Armenia nas competicións internacionais oficiais de fútbol. Depende da Federación Armenia de Fútbol (Հայաստանի Ֆուտբոլի Ֆեդերացիա, Hayastani Futboli Federats'ia), afiliada á UEFA e á FIFA. A selección naceu despois da independencia do país da Unión Soviética e a sucesiva división da Comunidade de Estados Independentes.
Historia O primeiro encontro oficial de Armenia foi xogado o día 12 de outubro de 1992 contra Moldova, outra república recentemente saída do bloque soviético. En 1992 Armenia convértese en membro da FIFA e da UEFA. Desde entón o equipo nacional armenio sumou case un cento de partidos, sen resultados de relevancia, salvo algunha vitoria sobre equipos de pouca importancia (o máis destacado son dúas vitorias sobre Irlanda do Norte e Paraguai). Participou, sen moita fortuna, en cualificacións para os mundiais de fútbol e as eurocopas.
Adestradores AdestradorPeríodoXog.Vit.Emp.Der.GFGC% Vit. Eduard Markarov 1992–1994 6 1 2 3 1 5 16,7% Samvel Darbinyan 1995–1996 9 1 1 7 5 21 11,1% Khoren Hovhannisyan 1996–1997 16 2 5 9 10 41 12,5% Souren Barseghyan 1998–1999 14 4 2 8 11 19 28,6% Varuzhan Sukiasyan 2000–2001 17 3 7 7 17 27 17,6% Andranik Adamyan (interino) 2002 1 1 0 0 2 0 100% Oscar López 2002 2 0 1 1 2 4 0% Andranik Adamyan (interino) 2003 1 0 0 1 0 2 0% Mihai Stoichiță 2003–2004 10 4 1 5 11 17 40% Bernard Casoni 2004–2005 8 1 1 6 5 18 12,5% Henk Wisman 2005–2006 8 1 1 6 5 14 12,5% Ian Porterfield 2006–2007 10 2 4 4 5 9 20% Vardan Minasyan (interino) Tom Jones (interino) 2007 6 1 1 4 2 8 16,7% Jan Poulsen 2008–2009 12 3 4 5 9 19 25% Vardan Minasyan 2009–2014 39 14 4 21 56 58 35,9% Bernard Challandes 2014–2015 9 1 1 7 9 23 11,1% Sargis Hovsepyan (interino) 2015 4 0 1 3 2 9 0% Varuzhan Sukiasyan 2015–2016 7 2 1 4 12 12 28,6% Artur Petrosyan 2016–2018 10 5 1 4 21 21 50% Vardan Minasyan 2018 4 1 2 1 3 4 25% Armen Gyulbudaghyants 2018–2019 10 5 2 5 25 20 41,67% Abraham Khashmanyan 2019−2020 2 0 0 2 1 10 0% Joaquín Caparrós 2020- 0 0 0 0 0 0 0%
Xogadores máis destacados Hamlet Mkhitaryan Edgar Manucharyan Roman Berezovsky Eric Assadouryan Andrei Movsessyan
Categoría:Fútbol en Armenia