John Rawls, nado o 21 de febreiro de 1921 en Baltimore (Maryland) e finado o 24 de novembro de 2002 en Lexington (Kentucky) foi un filósofo estadounidense, mestre de filosofía política na Universidade Harvard e autor de A Theory of Justice (1971), Political Liberalism, Justice as Fairness: A Restatement, e The Law of Peoples. É amplamente considerado un dos filósofos políticos de fala inglesa máis importantes do século XX, e, en xeral, considerado como o máis influente defensor do liberalismo desde John Stuart Mill.
Rawls foi beneficiario do Premio Schock de Lóxica e Filosofía e Medalla Nacional de Humanidades en 1999, o último, que foi presidido polo presidente Bill Clinton, en recoñecemento por como o pensamento de Rawls "axudara a unha xeración enteira de estudantes estadounidenses a revivir a súa fe na propia democracia."
Notas
Categoría:Filósofos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Baltimore Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Profesores da Universidade de Princeton Categoría:Profesores da Universidade Cornell Categoría:Profesores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Profesores da Universidade Harvard