O Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC) está composto polo Banco Central Europeo e os bancos centrais nacionais dos estados membros da Unión Europea (UE) independentemente de se están integrados no Euro ou non. O Tratado da Unión Europea atribúe ao SEBC as funcións de deseño e execución da política monetaria dos países que conformen a área do euro. O obxectivo primordial que o Tratado asigna ao SEBC é o de manter a estabilidade de prezos, sen prexuízo de cal apoiará as políticas económicas xerais da Comunidade. En principio prevíase que todos os estados membros da Unión Europea se integraran no Euro, porén ao non ser así, a entidade encargada da política monetaria na zona euro pasou a ser o Eurosistema, mentres que o SEBC asumirá estas funcións no momento en que todos os estados adopten o Euro.

Membros do SEBC Eurozona Banco Central Europeo : Deutsche Bundesbank (Banco Federal de Alemaña) : Banco de Austria (Oesterreichische Nationalbank) : Banco Nacional de Bélxica (Nationale Bank van België/Banque nationale de Belgique) : Banco de Eslovenia (Banka Slovenije) : Banco de España : Banco de Finlandia (Suomen Pankki/Finlands Bank) : Banco de Francia(Banque de France) : Banco de Grecia (Τράπεζα της Ελλάδος) : Banco Central de Irlanda (Banc Ceannais na hÉireann) : Banco de Italia (Banca d'Italia) : Banco Central de Luxemburgo (Banque Centrale du Luxembourg) : Banco de Holanda (De Nederlandsche Bank) : Banco de Portugal : Banco Nacional de Bulgaria (Българска народна банка ) : Banco de Estonia (Eesti Pank) : Banco de Letonia (Latvijas Banka) : Banco de Lituania (Lietuvos Bankas) : Banco Nacional de Eslovaquia (Národná banka Slovenska)

Fóra da Eurozona : Banco Central de Chipre (Kεντρική Τράπεζα της Κύπρου) : Banco Nacional Checo (Ceská národní banka) : Banco Nacional de Dinamarca (Danmarks Nationalbank) : Banco Central de Hungría (Magyar Nemzeti Bank) : Banco Central de Malta (Central Bank of Malta) : Banco Nacional de Polonia (Narodowy Bank Polski) : Banco Nacional de Romanía (Banca Nationala a României) : Banco Real de Suecia (Sveriges Riksbank) : Banco de Inglaterra (Bank of England)

Véxase tamén Unión Europea. Banco Central Europeo. Banco Europeo de Investimento. Euro. Eurozona.

Categoría:Bancos centrais