Pierre Bonnard, nado en Fontenay-aux-Roses (Altos do Sena) o 3 de outubro de 1867 e finado en Le Cannet (Var) o 23 de xaneiro de 1947, foi un pintor, ilustrador e litógrafo francés.
Traxectoria Dedicou o seu talento á publicidade e á produción artística. Adóitaselle incluír dentro do movemento dos Nabis con Paul Sérusier, Maurice Denis, Paul Ranson, Edouard Vuillard, Xavier Roussel ou Félix Vallotton, influídos por Paul Gauguin e o xaponismo. A súa produción tardía considérase precursora da pintura abstracta, polo menos nalgunha das súas variantes.
Moi especialmente marcado pola tendencia dos Nabis, que teñen unha concepción diferente da perspectiva e do espazo que se atopa en kakemono, Pierre Bonnard adquire entón o alcume de "Nabi xaponard". Este movemento tiña tamén por características a exaltación da cor, a simplificación da forma e a sublimación do cotián, ao cal os Nabis danlle un carácter atemporal.
Véxase tamén Outros artigos Nabis Impresionismo
Ligazóns externas Páxina do museo Thyssen-Bornemisza en Madrid sobre Pierre Bonnard Páxina en castelán sobre Pierre Bonnard
Categoría:Pintores de Francia Categoría:Nados no departamento dos Altos do Sena Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Pintores modernistas Categoría:Alumnos da Académie Julian