O aeroporto Francisco Sá Carneiro ou aeroporto internacional do Porto (código IATA: OPO; código ICAO: LPPR) localízase no Grande Porto, na zona de confluencia entre os concellos de Maia, Matosinhos e Vila do Conde, en Portugal.

O aeroporto foi inaugurado en 1945 e substancialmente mellorado en 2003. Actualmente é administrado pola empresa ANA - Aeroportos de Portugal, SA e ten unha capacidade para 6 millóns de pasaxeiros/ano. En 2006 recibiu 3 402 893 pasaxeiros, 2 600 toneladas de carga e 4 120 voos.

É, en termos de movementos e pasaxeiros, o terceiro aeroporto portugués despois do aeroporto de Lisboa e do aeroporto de Faro. Mesmo así, ten testemuñado un incremento progresivo das súas ligazóns, froito do aumento das operacións das compañías de baixo custo, en concreto da compañía Ryanair.

O aeroporto está constituído por unha pista 17/35 con 3 480 m de longo e 45 m de ancho.

Prevese que no futuro o aeroporto poida ser ampliado cara ao sur cunha nova terminal que permitirá mellorar os servizos do aeroporto cando este supere os 5 millóns de pasaxeiros. Tamén está previsto, para mediados de 2009, o inicio da construción dunha nova pista, servindo a actual como pista de rodaxe.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Accesos O aeroporto, outrora precario e con malas comunicacións, é hoxe considerado un dos mellores aeroportos europeos, enlazado con novas autoestradas e con infraestrutura, dentro do aeroporto, do Metro do Porto ligándoo directamente co centro da cidade do Porto, cos trens de velocidade elevada (Campanhã) e co estadio de fútbol do Dragão e, facendo transbordo, con outros centros urbanos do Grande Porto: Póvoa de Varzim e Vila do Conde (Liña B, estación Verdes); Maia (Liña C, estación Fonte do Cuco); Matosinhos (Liña A, estación Senhora da Hora); e Vila Nova de Gaia (Liña D, estación Trindade). Taxis e os autocares dos STCP complementan a conexión do aeroporto coa cidade do Porto.

Dende Galicia hai ligazóns regulares ao aeroporto do Porto en autocares dende A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo (ida e volta) dúas veces ao día, nos días laborables, e unha vez ao día, nos fins de semana.

Premios O aeroporto do Porto ten sido recoñecido internacionalmente pola calidade das súas instalacións e do seu servizo:

En 2006 a "European Convention for Constructional Steelwork" (ECCS) distinguiu o terminal de pasaxeiros do aeroporto Sá Carneiro na categoría de mellor obra en aceiro, por ser un edificio que vence 80 metros de van a través do emprego de estruturas trianguladas . En 2007 foi considerado o terceiro mellor aeroporto de Europa (en termos absolutos) e o mesmo lugar a nivel mundial na categoría de menos de 5 millóns de pasaxeiros. A clasificación é da asociación internacional de aeroportos (ACI - Airports Council International) que mide a calidade dos servizos prestados en 90 aeroportos de todo o mundo, con base en enquisas sobre a satisfacción dos pasaxeirosNoticia de JN: Aeroporto Sá Carneiro é o terceiro melhor da Europa .

Galería de fotos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Aeroportos de Portugal Plano director do aeroporto Francisco Sá Carneiro (Porto)

Porto Categoría:Porto