Juan Gelman, nado en Buenos Aires o 3 de maio de 1930 e finado na Cidade de México o 14 de xaneiro de 2014, foi un poeta, xornalista e tradutor arxentino. Foi galardoado co Premio Miguel de Cervantes en 2007.
Traxectoriaa Naceu en Buenos Aires, no barrio de Villa Crespo en 1930, terceiro fillo de inmigrantes rusos, José e Paulina. Aprendeu a ler aos 3 anos e pasou a infancia andando en bicicleta, xogando ao fútbol e lendo. Durante a mocidade participou de diversos grupos e movementos literarios. Ocupou importantes cargos como xornalista. Coa chegada da ditadura militar na Arxentina e debido á súa militancia na organización revolucionaria Montoneros (da que se afastou por diferenzas coa dirección) tivo que exiliarse en distintos países de Europa e Latinoamérica.
Durante a ditadura foron secuestrados e asasinados polo réxime militar o seu fillo Marcelo e a súa nora Claudia, que se atopaba embarazada. Logo de anos de intensa procura, Gelman puido reunirse coa súa neta no Uruguai. Recoñecementos
Recibiu en 1997 o Premio Nacional de Poesía da Arxentina. Tamén foi galardoado co premio de Literatura latinoamericana e do Caribe Juan Rulfo, o Iberoamericano de Poesía Pablo Neruda e o Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana.
O 29 de novembro de 2007 foi galardoado co Premio Miguel de Cervantes de Literatura.
En 2010 a AELG nomeouno Escritor Galego Universal.
Principais obras publicadas Violín y otras cuestiones (1956) El juego en que andamos (1959) Velorio del solo (1961) Gotán (1962) Cólera buey (1964) Traducciones III. Los poemas de Sydney West (1969) Fábulas (1971) Relaciones (1973) Si dulcemente (1980) Dibaxu (1994) Valer la pena (2002) País que fue será (2004) Los Poemas de Sidney West: Selección (Inclúe CD) (2005) Oficio Ardiente (2005) Miradas (2006)
Bibliografía
Poesía “Violín y otras cuestiones”, Gleizer, Buenos Aires, 1956. “El juego en que andamos”, Nueva Expresión, Buenos Aires, 1959. “Velorio del solo”, Nueva Expresión, Buenos Aires, 1961. “Gotán” (1956-1962), La Rosa Blindada, Buenos Aires, 1962. (Reeditado en 1996) “Cólera Buey”, La Tertulia, A Habana, 1965. (Reeditado en 1994) “Los poemas de Sidney West”, Galerna, Buenos Aires, 1969. (Reeditado en 1995) “Fábulas”, La Rosa Blindada, Buenos Aires, 1971. “Relaciones”, La Rosa Blindada, Buenos Aires, 1973. “Hechos y Relaciones”, Lumen, Barcelona, 1980. “Si dulcemente”, Lumen, Barcelona, 1980. “Citas y Comentarios”, Madrid, Visor 1982. “Hacia el Sur”, Marcha, México, 1982. “Com/posiciones” (1983-1984), Ediciones del Mall, Barcelona, 1986. “Interrupciones I”, Libros de Tierra Firme, Buenos Aires, 1986. “Interrupciones II”, Libros de Tierra Firme, Buenos Aires, 1988. “Anunciaciones”, Visor, Madrid, 1988. “Carta a mi madre”, Libros de Tierra Firme, Buenos Aires, 1989. “Dibaxu”, Seix Barral, Buenos Aires, 1994. “Salarios del impío”, Libros de Tierra Firme, Buenos Aires, 1993. “Incompletamente”, Seix Barral, Buenos Aires, 1997. “Valer la pena”, Seix Barral, Buenos Aires, 2001. “País que fue será”, Seix Barral, Buenos Aires, 2004. “Mundar”, Seix Barral, Buenos Aires, 2007.
Antoloxías poéticas
“Poemas”, Casa de las Américas, A Habana, 1960. (Ao coidado de Mario Benedetti e Jorge Timossi) “Obra poética”, Corregidor, Buenos Aires, 1975. “Poesía”, Casa de las Américas, A Habana, 1985. (Prólogo e selección de Víctor Casaus) “Antología poética”, Vintén, Montevideo, (1993). (Selección, prólogo e bibliografía completa de Lilián Uribe) “Antología personal”, Desde la Gente, Instituto Movilizador de Fondos Cooperativos, Buenos Aires, 1993. “En abierta oscuridad”, Siglo XXI, México, 1993. “Antología poética”, Espasa Calpe, Buenos Aires, 1994. (Selección e prólogo de Jorge Fondebrider) “De palabra” (1971-1987). Prólogo de Julio Cortázar, Visor, Madrid, 1994. “Oficio Ardiente” (2005), Patrimonio Nacional e a Universidade de Salamanca.
Prosa “Prosa de prensa”, Ediciones B, España, 1997. “Ni el flaco perdón de Dios/Hijos de desaparecidos” (En coautoría con Mara La Madrid), Planeta, Buenos Aires, 1997. “Nueva prosa de prensa”, Ediciones B Argentina, Buenos Aires, 1999. “Miradas”, Seix Barral, Buenos Aires 2005.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Todo sobre la poesía de Juan Gelman - Sitio autorizado por el poeta A Bitácora de Gelman Poemas Representativos do Recoñecido Escritor Arxentino Juan Gelman Poemas de Juan Gelman en poéticas.es
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Premio Cervantes Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Tradutores da Arxentina Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Poetas da Arxentina Categoría:Xornalistas da Arxentina Categoría:Finados por cancro de pulmón