miniatura|Convención das Nacións Unidas contra a corrupción. A corrupción política consiste nun acordo inmoral entre un corruptor e un corrupto, ou entre corruptos aliados en prexuízo doutros, que beneficia a algúns nos seus propósitos particulares, por encima da lei no plano político. A corrupción consiste no uso e o poder público para o logro de beneficios particulares ou sectoriais, que non se identifican nin comungan co ben común.

Sayed e Bruce (1999) definen a corrupción como: “o mal uso ou o abuso do poder público para beneficio persoal e privado”, entendendo que este fenómeno non se limita aos funcionarios públicos.

Conxunto de actitudes e actividades mediante as cales unha persoa transgride compromisos adquiridos con outras persoas, utilizando os privilexios outorgados, eses acordos tomados, co obxectivo de obter un beneficio alleo ao ben común.

Polo xeral apúntase aos gobernantes ou os funcionarios elixidos ou nomeados, que se dedican a aproveitar os recursos do Estado para enriquecerse. A corrupción tivo raíces antigas e evolucionou para manterse vixente ao longo de moitos anos, gobernos e países. Segundo a OCDE, España ocupa o posto 14 dos países con maior corrupción.La Voz de Galicia 10.12.2025.

Foi tal o aumento que hai iniciativas a nivel de organismos multilaterais como a Organización das Nacións Unidas (ONU) e a Organización dos Estados Americanos (OEA) que promoven actividades para lograr comprometer aos gobernos a unha loita contra a corrupción. Por isto, cada 9 de decembro celébrase o Día Internacional contra a Corrupción, para sinalar as inxustizas que provoca e como facerlle fronte."Algo máis que facer trampas", en La Voz de Galicia 10.12.2025.

miniatura|450px|Visión xeral do Índice de Percepción de Corrupción de 2017 (a maior percepción de corrupción é de cor vermella e a menor é de cor azul escuro).|centro Causas As causas poden ser endóxenas (internas) ou esóxenas (externas). Podemos sinalar como causas endóxenas ou sexa as que teñen que ver co individuo:

Falta de valores humanistas. Carencia dunha conciencia social. Falta de educación. Descoñecemento legal. Baixa auto estima. Paradigmas distorsionados e negativos (consumistas, materialistas).

Como elementos esóxenos da corrupción, ou sexa os que dependen da sociedade, temos:

A impunidade dos actos de corrupción. Os modelos sociais que transmiten antivalores. Un excesivo poder discrecional do funcionario público. A concentración de poderes e de decisión en certas actividades do goberno. O suborno internacional. O control económico ou legal sobre os medios de comunicación que impiden que se expoñan á luz pública os casos de corrupción. Salarios demasiado baixos. Falta de transparencia na información concernente á utilización dos fondos públicos e dos procesos de decisión. A pouca eficiencia da administración pública. E unha extrema complexidade do sistema.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Transparencia Internacional Cleptocracia Nepotismo Corrupción Convención das Nacións Unidas contra a Corrupción

Ligazóns externas

Texto da convención das Nacións Unidas contra a corrupción (UNCAC) Instrumento de Ratificación del Convenio penal sobre la corrupción (Convenio número 173 del Consejo de Europa) hecho en Estrasburgo el 27 de enero de 1999. Boletín Oficial del Estado Núm. 182, 28 de xullo de 2010.