miniatura|250px|Mapa do arquipélago. As illas Columbretes son un conxunto de catro grupos de illas volcánicas que sumadas posúen 0,19 km², situadas a 30 millas (48,2 km) ao leste do Cabo de Oropesa, integradas no termo municipal de Castelló de la Plana, na provincia de Castelló (España).

Os grupos de illas son: a Illa Grossa (en castelán: Columbrete Grande), La Ferrera, La Foradada (La Horadada) e El Carallot (El Bergantín). Ademais, existen no arquipélago numerosos escollos e baixos.

Historia O nome das illas vén dos primeiros navegantes gregos e romanos que as incluíron nas súas cartas de navegación. Inicialmente déuselles o nome de Ophiusa ou Colubraria, debido ás moitas serpes que alí se atopaban. Durante séculos, foron morada e refuxio de piratas e contrabandistas.

No século XIX incendiouse a illa Columbrete Grande para acabar coas serpes, e instalouse un faro que mantivo unha poboación de fareiros ata 1975, ano no que o faro se automatizou. Desde entón, as illas están habitadas tan só por persoal pertencente aos servizos de vixilancia establecidos pola Generalitat Valenciana en 1987.

Xeografía Están asentadas sobre fondos de 80 metros de profundidade e alcanzan unha cobertura de tres millas mariñas, representando un dos pequenos arquipélagos con maior interese ecolóxico do mar Mediterráneo.

A illa de maior tamaño, coñecida como a "Columbrete Grande" ou "L'illa Grossa", ten un perfil en forma de arco aberto, característico dunha grande actividade volcánica submarina. O Carallot, cos seus 32 metros de altura, representa os restos da cheminea central dun volcán.

Ata que foron protexidas, constituían un campo de tiro da aviación e da mariña, feito que produciu a deterioración de moitos dos escollos que as forman. A isto uníronse as visitas incontroladas e a pesca furtiva.

Ao mesmo tempo as Illas Columbretes constitúen un destino de primeira orde para os afeccionados ao submarinismo de todo o mundo, debido á transparencia das súas augas, á beleza dos seus fondos e á gran variedade e cantidade de especies animais e vexetais que albergan. Grupo de illas Grupo deIlla Grossa (14,30 ha)200px|center|Grup de l'Illa Grossa Grupo deFerrera (1,95 ha)200px|center|Grupo da Ferrera Grupo deForadada (2,21 ha)200px|center|Grupo da Foradada Grupo doCarallot (0,49 ha)200px|center|Grupo de CarallotColumbret Gran (Illa Grossa) (13,33 ha) Trenca Timons (40 m²) Mancolibre (0,56 ha) Senyoreta (0,14 ha) Mascarat (0,27 ha)La Ferrera (Malaspina) (1,53 ha) Espinosa (0,03 ha) Bauzà (0,25 ha) Valdés (0,04 ha) Navarrete (0,10 ha) Laja Navarrete (50 m²) El Ciscar El FidalgoLa Foradada (1,63 ha) Lobo (Foradadeta) (0,47 ha) Méndez Núñez (0,11 ha) Pedra Joaquín (20 m²) Jorge JuanEl Carallot (Galiano) (0,414 ha) Cerquero (0,03 ha) Xurruca (0,04 ha) Baleato (0,01 ha) Ulloa Patiño Luyando Mendoza Díaz

Reserva natural Na actualidade o arquipélago é parte dun parque natural que acolle algunhas especies en perigo de extinción, como o falcón de Eleonor e a gaivota de Audouin (ou gaivota corsa) e os seus fondos son unha Reserva de Pesca de grande importancia que contribúe á rexeneración de numerosas especies pesqueiras da zona, como a lagosta.

O parque natural das Illas Columbretes ten unha extensión emerxida de 19 ha e mergullada de 4.000 ha. A situación xeográfica é 39°55′ N,0°40′ E.

thumb|750px|center|Vista panorámica da badia de Illa Grossa, a máis grande de Columbretes, illotes de Mancolibre (esquerda) e Mascarat (dereita) ao fondo.

Véxase tamén Ligazóns externas Espazo natural das Illas Columbretes