Acontecementos

21 de marzo - O emperador Filipo o Árabe celebra o milenario da fundación de Roma (-753) cos ludi saeculares. O prefecto e senador romano, Decio, reprime os levantamentos de Pacaciano nos Balcáns e de Iotapiano en Siria. Estalan graves disturbios anti-cristiáns en Alexandría, Exipto, con asasinatos e pillaxes dos bens dos fieis da Igrexa cristiá.

Arte e cultura

O apoloxista cristián Oríxenes dá a coñecer a súa obra "Contra Celso", nas que tenta refutar as ideas do mesmo contra o cristianismo, nunha obra da época de Marco Aurelio.

Nacementos

Mortes Himiko, raíña lendaria da rexión de Yamatai, na illa de Kiu-Shiu, Xapón.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:248