Jonh Galliano, nado en Xibraltar o 28 de novembro de 1960, é un dos máis influentes deseñadores de moda contemporáneos. Criado en Londres, foiDior despide a John Galliano o deseñador xefe do buque insignia da alta costura francesa, Christian Dior, dende 1997 até 2011, cando foi despedido despois de que saíse nun vídeo facendo comentarios antisemitas.
Traxectoria Comezos Naceu baixo o nome de Juan Carlos Antonio Galliano Guillén en Xibraltar de pai xibraltareño e nai española. Mudouse a Londres sendo un neno e comezou os seus estudos na Wilson's School en Wallington. No 1984 graduouse en moda pola Escola de Arte de St. Martin, cunha colección inspirada na Revolución Francesa chamada "Les Incroyables", a cal recibiu positivas críticas e foi vendida na súa totalidade na boutique londiniense "Browns". Logo da súa graduación, crea a marca de roupa baixo o seu nome e empeza a súa carreira como deseñador.
A súa carreira Na década dos noventa, Galliano aséntase en París na procura de apoio financeiro e clientela. No 1995, foi escollido como deseñador de Givenche por Bernard Arnault, dono do holding de produtos de luxo LVMH, converténdose no primeiro deseñador británico en dirixir unha casa de alta costura francesa. Case dous anos despois, o 14 de outubro do 1996, LVMH puxo a John Galliano á fronte de Christian Dior. O seu primeiro desfile concidiu co 50 aniversario da marca parisiense, o 20 de xaneiro de 1997.
Galliano é identificado coa treatralidade e a feminidade como eixos principais na meirande parte dos seus traballos. "A miña labor é seducir" chegou a dicir. Entre as súas musas compre destacar a Charlize Theron, para a cal vai crear vestidos para ocasións especiais como as cerimonias dos Oscar. A actriz surafricana é parte tamén da campaña do perfume "J'Adore", mentres que Riley Kiough, neta de Elvis Presley, é a imaxe do perfume "Miss Dior Cherie".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Web Oficial
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Nados en Xibraltar Categoría:Deseñadores de moda do Reino Unido