A Universidade de Edimburgo (en inglés: University of Edinburgh, en gaélico: Oilthigh Dhùn Èideann), fundada en 1582, é un centro de renome no mundo da ensinanza e da investigación situado na cidade de Edimburgo, Escocia. A universidade foi a sexta en crearse nas illas británicas, e a cuarta de Escocia. A Universidade de Edimburgo ten 24.000 estudantes, e atópase entre as máis prestixiosas do Reino Unido.

Historia A fundación da Universidade de Edimburgo atribúese ao bispo Robert Reid, da Catedral de San Magnus, Kirkwall, quen doou trala súa morte en 1558, os seus fondo.

A universidade estableceuse por unha Carta Real concedida por Xacobe VI en 1582, converténdose na cuarta universidade escocesa, cando Inglaterra, moito máis poboada e próspera, tiña tan só dúas.

No século XVIII, Edimburgo era un dos centros principais de Europa, desenvolvéndose a universidade coma unha das máis importantes do continente europeo.

Os estudantes da universidade son representados polo Consello Representativo dos Estudantes (Students' Representative Council, fundado en 1884 por Robert Fitzroy Bell, e pola Asociación dos Estudantes da Universidade (Edinburgh University Students' Association) fundada en 1889.

No ano 2002 a universidade foi reorganizada, as súas nove facultades pasaron a ser tres colexios: o Colexio de Humanidades e Ciencias Sociais (HSS), o Colexio de Ciencias e Enxeñarías (SCE) e o Colexio de Medicina e Medicina Veterinaria (MVM).

Reputación miniatura|dereita|180px|Old College da Universidade de Edimburgo, deseñado por Robert Adam O Suplemento de "Clasificación de Universidades Mundiais" 2005 do xornal The Times [THES] clasificou a Universidade de Edimburgo da seguinte maneira: 9ª na Europa no ámbito xeral 16ª no mundo en biomedicina 14ª no mundo segundo os recrutadores 27ª no mundo en artes e humanidades 38ª no mundo en ciencias 30ª no mundo no ámbito xeral

A Clasificación de "Académicos de Universidades Mundiais" 2005 [ARWU] clasificou á Universidade de Edimburgo da seguinte maneira: 5ª no Reino Unido 9ª na Europa 47ª no mundo

Exalumnos famosos Alexander Graham Bell Charles Darwin Arthur Conan Doyle David Hume James Clerk Maxwell James Mirrlees William John Macquorn Rankine Robert Louis Stevenson Joseph Bell J.M. Barrie Max Born James Hutton Peter Higgs Igor Tamm Gordon Brown Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Universidade de Edimburgo

Categoría:Universidade de Edimburgo