Voitre é o nome vulgar aplicado xenericamente a diversas especies de aves falconiformes membros da subfamilia Aegypiinae, pertencente á familia Accipitridae. O nome faise a miúdo extensivo os membros da familia Cathartidae, voitres americanos ou voitres do Novo Mundo, que estudos recentes colocan dentro da mesma orde cás cegoñas, (Ciconiidae) e que non teñen unha relación taxonómica moi próxima cos voitres verdadeiros, que viven en Europa, Asia e África. As semellanzas aparentes dos dous grupos de voitres serían froito da converxencia evolutiva.
O primeiro sábado de setembro celébrase o Día Internacional do Voitre.
Descrición Os voitres son aves de tamaño grande, que acadan lonxitudes de máis dun metro e envergaduras de ás de ata 2,50 m. É habitual a presenza en moitas das especies dun colar de plumas, que envolve a parte inferior dun pescozo longo e espido ou cuberto de plumas curtas.
Ecoloxía Hábitat e distribución Os voitres viven frecuentemente en paisaxes abertas coma estepas, sabanas e semidesertos, pero moitas especies son tamén habituais de zonas montañosas, onde aproveitan as correntes de aire ascendentes que lles facilitan o voo planeado. As diferentes especies están espalladas polo sur de Europa, Asia e África .
Alimentación Os voitres están especializados en alimentarse de calaza, que localizan exclusivamente pola vista mentres planean a grande altura. Os pescozos espidos e as cabezas calvas de moitas especies parecen destinados a facilitar que estes se manteñan limpos do sangue e os fluídos dos animais mortos que devoran.
Conduta Máis das especies son aves sociais, que se xuntan en bandos ó redor das presas. Os voitres meirandes adoitan se-los primeiros en atacar o cadáver, porque os seus bicos fortes son os únicos capaces de rachar a pele dura do animal morto. miniatura|250px|Quebraosos (gypaetus barbatus). miniatura|250px| Voitre torgo (torgos tracheliotus). Xéneros e especies Gypohierax G. angolensis Gypaetus G. barbatus, quebraosos Neophron N. percnopterus, meloufa Necrosyrtes N. monachus, meloufa de carapucha Gyps G. africanus, voitre africano
G. bengalensis ,voitre de Bengala
G. indicus
G. rueppellii, voitre de Rüppell
G. himalayensis, voitre do Himalaia
G. fulvus, voitre leonado
G. coprotheres Aegypius Ae. Monachus, voitre negro Torgos T. Tracheliotus, voitre torgo Trigonoceps T. occipitalis Sarcogyps S. calvus
Literatura e mitoloxía Friederike Woog: Geierforschung auf Höhenflug. In: Naturwissenschaftliche Rundschau.'' 60(2), S. 97 - 99 (2007).
O xigante Ticio, de apetito sexual desordenado, veu achegarse a Leto (unha das amantes de Zeus, a quen lle dera dous fillos, Apolo e Ártemis) e botouse sobre ela, rachándoa o vestido e intentando forzala. Ante os seus gritos, acudiron Apolo e Ártemis e mataron a Ticio coas súas frechas. Zeus castigou a Ticio e encadeouno no Hades, onde dous voitres lle devoraban eternamente o corazón (segundo Pseudo-Apolodoro PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, Libro I, 4, 1.) ou o fígado (segundo Homero).
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Accipítridos