Mu isamaa, mu õnn ja rõõm (en galego, A miña terra nai, o meu gozo e dita) foi adoptado como himno nacional (en estoniano: riigihümn, ou rahvushümn) da República da Estonia en 1920, sendo retomado en 1990.

A letra foi escrita por Johann Voldemar Jannsen para unha melodía composta en 1848 por Fredrik (Friedrich) Pacius que tamén compuxo a música do himno nacional da Finlandia: Maamme.

A canción presentouse ao público pola primeira vez no decorrer do Gran Festival da Canción de Estonia en 1869 e tornouse rapidamente no símbolo do Nacionalismo estoniano. Durante a ocupación soviética, entre 1956 e 1990, fora prohibido e a República Socialista Soviética de Estonia, parte da Unión Soviética, tiña un himno oficial diferente: Eesti NSV hümn (Himno da RSS de Estonia), composto por Johannes Sempler e Gustav Ernesaks. Porén, un poema da filla de Jannsen, Lydia Koidula, titulado Mu isamaa on minu arm (A miña terra é o meu amor), se converteu o himno oficioso.

miniatura|Gravación instrumental de "Mu isamaa, mu õnn ja rõõm", o himno nacional de Estonia, interpretado pola US Navy Band. Esta música é case idéntica ao himno nacional de Finlandia, "Maamme".

Mu isamaa, mu õnn ja rõõm Mu isamaa, mu õnn ja rõõm, kui kaunis oled sa! Ei leia mina iial teal see suure, laia ilma peal, mis mul nii armas oleks ka, kui sa, mu isamaa!

Sa oled mind ju sünnitand ja üles kasvatand; sind tänan mina alati ja jään sull' truuiks surmani, mul kõige armsam oled sa, mu kallis isamaa!

Su üle Jumal valvaku, mu armas isamaa! Ta olgu sinu kaitseja ja võtku rohkest õnnista, mis iial ette võtad sa, mu kallis isamaa!

Tradución A miña terra nai, o meu gozo e dita, Que fermosa es! Non atoparei lugar ningún No mundo enteiro Que sexa máis querido para min, Ti, a miña querida terra nail!

Ti déchesme a nacenza, Ti criáchesme. Sempre cho agradecerei, Sereiche fiel ata a morte, Como a máis amada, A miña querida terra nai!

Poida Deus coidarte A miña preciosa patria! Poida El defenderte, dándoche abondosas benzóns Implicándose nas túas accións, A miña querida terra nai!

Véxase tamén

Ligazóns externas Ouvir a melodía (Web do Goberno) Himno nacional da Estonia En estoniano

Categoría:Himnos nacionais Categoría:Política de Estonia Categoría:Símbolos de Estonia