Juan Carlos Martínez Valcárcel, nado o 3 de xuño de 1968 nas Palmas de Gran Canaria, é un MC galego, coñecido co nome artístico de Charly J.

Traxectoria No ano 1984, influenciado pola película Break Dance, Charly J comeza a bailar breakdance cos seus amigos nas rúas de Lugo, formando o grupo Break Sky Masters e máis tarde Blood Stars, xunto aos que fixo exibicións por toda Galicia, ademais de acercarse a outros elementos do hip hop coma o beatbox, o scratching e os graffitis.

Influenciado por Grandmaster Flash, Run DMC, LL Cool J e Fat Boys entre outros, e tras gravar varias maquetas, en 1990 gravou o maxi-sinxelo Radyo coa compañía discográfica Sons Galiza. Deste disco lanzáronse dúas tiradas, unha en galego e outra en castelán. Ademais de ser o autor das letras, tamén compuxo a música e deseñou a capa.

Xa apartado do panorama musical, traballo coma deseñador gráfico.

Discografía Radyo (Maxi) (Sons Galiza, 1990)

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Rapeiros de Galicia