Stavanger (pronunciado en noruegués ) é unha cidade da Noruega situada no condado de Rogaland, do que é capital administrativa. A área metropolitana inclúe tamén os concellos de Sola, Randaberg e Sandnes, acadando así unha poboación de 171.343 habitantes.

Historia Stavanger adquiriu a súa titularidade de cidade no ano 1125, no momento de construción da súa catedral. Cara ao ano 1100, a cidade converteuse nun centro administrativo e comercial importante. En 1536, coa reforma, o peso relixioso de Stavanger esmoreceu. As actividades tradicionais de Stavanger son o transporte marítimo, a construción naval e a industria conserveira.

Stavanger na actualidade é a capital da industria petroleira Noruega. Foi a partir de mediados da década de 1970 cando a industria do petróleo converteuse no primeiro sector de actividade da rexión. A maior compañía petroleira de Stavanger é Statoil.

Stavanger foi elixida como a capital europea da cultura en 2008, compartido a capitalidade coa cidade de Liverpool. En Stavanger reconstruíronse grandes zonas do centro urbano para o acontecemento.

Boroughs/Barrios Stavanger está dividida en sete boroughs.

Hundvåg Tasta Eiganes og Våland Madla Storhaug Hillevåg Hinna

Cidades irmás Aberdeen, Escocia Antsirabe, Madagascar Esbjerg, Dinamarca Eskilstuna, Suecia Esteli, Nicaragua Fjarðabyggð, Islandia Galveston, Estados Unidos Harlow, Inglaterra Houston, Estados Unidos Jyväskylä, Finlandia 20px Massawa, Eritrea Nablus, Palestina Netanya, Israel

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de Stavanger Stavanger Guide Maps Plano da cidade de Stavanger Sitio web oficial do concello de Stavanger Sitio web oficial de Stavanger Capital Europea da Cultura 2008 Region Stavanger Websites oficiais da rexión de Stavanger

Categoría:Cidades de Noruega Categoría:Capitais europeas da cultura