A ponte de San Xurxo é unha construción do século XVIIIFicha na web Galicia Máxica . que cruza o río Lérez no lugar da Pontenova, Fontán, na parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello de Cerdedo Cotobade. Está en bo estado de conservación.

Historia Une a aldea de Fentáns, ao norte do río, co resto da parroquia de San Xurxo de Sacos, situada ao sur. É coñecida tamén como Pontenova, o que indica a existencia dunha ponte anterior, da que quedan restos augas abaixo. Foi promovida polos irmáns Xosé Benito e Pedro Antonio Lis Soto, curas respectivamente de San Xurxo e Santa María de Sacos, debido a que a ponte Retorto, entre Cutián e Praderrei (O Campo Lameiro), estaba en mal estado. Foi construída entre 1721 e 1730 polo canteiro Pedro García, de Santa María de Sacos, quen en 1717 fora mestre canteiro das obras de ampliación do Colexio de Fonseca (2015): Terra de Cotobade. Ed. Guiverny, p. 195. ISBN 978-84-939449-9-5. Na lousa central da ponte percíbense, medio borrados polo desgaste, un e un .

É unha ponte de cantería cun arco de medio punto apoiado nas rochas das dúas beiras do río, se ben o proxecto orixinal, conservado no Arquivo do Reino de Galicia, contemplaba dous arcos apoiados nunha rocha que hai no medio do río uns metros máis abaixo. Ten 19,2 metros de luz, unha das pontes con máis luz de Galicia por tras das da Proba (Navia de Suarna), a ponte da Cigarrosa (Petín-A Rúa de Valdeorras) e a ponte da Labrada en Barxa de Lor (A Pobra do Brollón).

A comezos do século XXI construíuse outra ponte cen metros augas abaixo que permite o tráfico de vehículos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía VV.AA (1991): Pontes históricas de Galicia. A Coruña: Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos / Xunta de Galicia. Páx. 275 -278. ISBN 9788440482566.

Categoría:Cerdedo Cotobade San Xurxo Categoría:Río Lérez