Imanol Uribe, nado en San Salvador (O Salvador) o 28 de febreiro de 1950, é un director e produtor de cinema vasco.
Traxectoria Comezou os seus estudos na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid e obtivo o título de Director na Escola de Cinematografía de Madrid. En 1975 funda a produtora Zeppo Films, en 1979 a produtora Cobra Films e posteriormente Aiete Films S.A.
O tema predominante das súas películas está dedicado á situación social-política do País Vasco. Isto reflíctese en películas como El proceso de Burgos, La fuga de Segovia, La muerte de Mikel ou Días Contados. Tamén tocou outras temas: o racismo en Bwana, o mundo da bruxas en La luna negra ou o histórico en El rey Pasmado. Á parte de director tamén exerceu de produtor como en Secretos del corazón.
Na súa longa carreira, recibiu numerosos premios. Entre outros a Cuncha de Ouro á Mellor Película no Festival de Cine de Donostia por Días Contados, oito premios Goya por Días Contados e outros sete premios Goya por El rey pasmado (baseada na novela de Gonzalo Torrente Ballester, Crónica del rey pasmado), con Gabino Diego etc.
Compartiu a súa vida coa actriz María Barranco e teñen unha filla en común.
Premios Goya ó mellor director en 1995 Filmografía Ano Película 2007 La carta esférica 2002 El viaje de Carol 2000 Plenilunio 1998 Extraños 1994 Días contados 1991 El rey pasmado 1989 La luna negra 1986 Adiós pequeña 1983 La muerte de Mikel 1981 La fuga de Segovia 1979 El proceso de Burgos
Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en San Salvador Categoría:Directores de cinema do País Vasco