A selección de fútbol do Camerún (en francés: Équipe nationale du camerounaise de football) é o equipo de fútbol que representa en competicións internacionais ao Camerún. A súa organización está a cargo da Federación Camerunesa de Fútbol (Fédération Camerounaise de Football, FECAFOOT), pertencente á Confederación Africana de Fútbol (CAF). Entre os seus éxitos destacan cinco títulos da Copa Africana de Nacións e a súa participación nos cuartos de final do Mundial de Fútbol de 1990 de Italia.

Historia Os inicios A Federación Camerunesa de Fútbol (FECAFOOT), fundouse en 1959. O primeiro partido internacional oficial da selección foi o 13 de abril de 1960, contra a selección de Somalia, na que se converteu na maior vitoria dos cameruneses en toda a historia (9-2). A federación afiliouse á FIFA en 1962 e á CAF en 1963. Durante os anos sesenta, o Camerún non disputou ningún partido da fase final da Copa de África, ata que cae eliminado en primeira rolda en 1970 e consegue o terceiro posto en 1972. Pero ata os anos oitenta desaparece do panorama futbolístico internacional.

O esplendor A sona mundial da selección camerunesa comezou en 1982 coa súa primeira participación nun mundial de fútbol. No mundial de España 1982 é encadrada no grupo A, que se disputa en Galicia, e onde con tres empates remata eliminada por detrás de e de , con esta última empatada a puntos. Italia sería finalmente campioa e Polonia ocuparía a terceira praza. O seu adestrador era o francés Jean Vincent e o capitán era Roger Milla.

En 1984 conseguirá o seu primeiro título africano, ao vencer a en Abixán por 3-1. En 1990 participa nos mundiais de Italia, adestrados polo ruso Valeri Nepomniachi, e convértense na sorpresa do campionato. Derrotan a de Maradona por 1-0 no partido inaugural (obra de François Omam-Biyik), despois vencen a e perden coa , pero clasifícanse para oitavos (a segunda selección africana en facelo) e despois de derrotar a (2-1) con dous goles de Milla (daquela con 38 anos), convértese na primeira selección dese continente en chegar a cuartos dun mundial. En cuartos son eliminados por cun resultado de 2-3.

A decadencia A partir da cuarta praza conseguida na Copa de África de 1992, o Camerún abre unha etapa non moi brillante sendo eliminada na primeira volta nos mundiais de 1994 e 1998. Precisamente nos mundiais estadounidenses, o Camerún conseguiu dous récords: a súa maior derrota, contra Rusia (6-1), e o xogador máis vello disputando unha fase final dun mundial (Roger Milla, con 42 anos). Tamén o Camerún quedou eliminado na Copa de África de 1996 na primeira volta.

O regreso O Camerún consegue a medalla de ouro nos Xogos de Sydney, ao vencer a nos tiros de penalti. Tamén nese ano o Camerún gaña a Copa de África, vencendo unha vez máis a Nixeria, e dous anos despois conséguena outra vez derrotando a . En 2003 falece no campo, mentres disputan un partido contra Colombia na Copa das Confederacións, o xogador Marc-Vivien Foé. Nos anos seguintes atravesa unha serie de malos resultados, sendo eliminado rapidamente da Copa de África ou quedando fóra do Mundial de Alemaña 2006.

Palmarés

Traxectoria nos Mundiais de Fútbol

1930 : Non inscrito. 1934 : Non inscrito. 1938 : Non inscrito. 1950 : Non inscrito. 1954 : Non inscrito. 1958 : Non inscrito. 1962 : Non inscrito. 1966 : Boicot dos países africanos. 1970 : Fase de clasificación. 1974 : Fase de clasificación. 1978 : Fase de clasificación. 1982 : Primeira rolda. 1986 : Fase de clasificación. 1990 : Cuartos de final. 1994 : Primeira rolda. 1998 : Primeira rolda 2002 : Primeira rolda. 2006 : Fase de clasificación. 2010 : Primeira rolda 2014 : Primeira rolda 2018 : Fase de clasificación.

Traxectoria na Copa de África

1957 : Non inscrito. 1959 : Non inscrito. 1962 : Non inscrito. 1963 : Non inscrito. 1965 : Non inscrito. 1968 : Fase de clasificación. 1970 : Primeira rolda. 1972 : Terceiro. 1974 : Fase de clasificación. 1976 : Fase de clasificación. 1978 : Fase de clasificación. 1980 : Fase de clasificación. 1982 : Primeira rolda. 1984 : Campión. 1986 : Finalista. 1988 : Campión. 1990 : Primeira rolda 1992 : Cuarto. 1994 : Fase de clasificación. 1996 : Primeira rolda. 1998 : Cuartos de final. 2000 : Campión. 2002 : Campión. 2004 : Cuartos de final. 2006 : Cuartos de final. 2008 : Finalista 2010 : Cuartos de final 2012 : Fase de clasificación 2013 : Fase de clasificación 2015 : Primeira rolda 2017 : Campión.

Algúns xogadores históricos

Joseph-Antoine Bell. Roger Milla. Thomas Nkono. François Omam-Biyik. Jacques Songo'o. Jean-Pierre Tokoto. Achille Webo. Samuel Eto'o.

A selección do Camerún e Galicia O primeiro contacto da selección do Camerún con Galicia produciuse en 1982, durante os mundiais de fútbol celebrados en España. O Camerún quedou encadrada no grupo A, a canda Perú, Italia e Polonia. O primeiro partido dos cameruneses foi en Riazor, o 15 de xuño de 1982, contra os peruanos, e o resultado foi de empate a cero goles. O 18 de xuño tamén en Riazor, volveron empatar a cero con Polonia, e o 23 de xuño, en Balaídos, empataron a uns con Italia. O gol camerunés, marcado por Gregoire M'Bida, non abondou e Italia pasou á seguinte fase cos mesmos puntos que o Camerún pero cun gol marcado máis. Finalmente, Italia sería campioa e Polonia obtería o bronce.

Entre as tempadas 1996-97 e 2000-01, o xogador Jacques Songo'o, porteiro titular da selección do Camerún, defendeu a camisola do Deportivo da Coruña.

Galicia-Camerún O terceiro partido da época moderna da selección de Galicia de fútbol celebrouse o 27 de decembro de 2007, en Vigo e enfrontou por primeira vez ao Camerún cos galegos. O resultado foi empate a un.

Os convocados pola selección camerunesa foron:

Porteiros Carlos Idriss Kameni (RCD Espanyol) Souleymanou Hamidou (Denizlispor) Stéphane Kingue Mpondo (Coton Sport FC) Tignyemb Amour Patrick (Tonnerre de Yaoundé) Defensas Rigobert Song (Galatasaray SK) Christian Bekamenga (Persib Bandung) Bill Tchato (Qatar FC) Alexis Enam (Al-Ittihad de Trípoli) Timothée Atouba (Hamburger SV) Centrocampistas Modeste M'Bami (Olympique de Marsella) Landry N'Guemo (AS Nancy) Jean II Makoun (Lille OSC) Valéry Mezague (Le Havre AC) Joël Epalle (VfL Bochum Alain Nkong (Atlante FC) Gilles Binya (Benfica SL) Paul Essola (Arsenal Quiev) Achille Emana (Toulouse FC) Stéphane M'Bia (Stade Rennais FC) Dianteiros Bertin Tomou (RE Mouscron) Samuel Eto'o (FC Barcelona)

Foi seleccionado tamén o dianteiro Achille Webo, pero lesionouse uns días antes do encontro.

Véxase tamén Ligazóns externas Web da Federación Camerunesa de Fútbol

Categoría:Fútbol no Camerún