O 23 de abril é o 113º día do ano do calendario gregoriano (114º nos anos bisestos). Quedan 252 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1014 - Batalla de Clontarf: Brian Boru vence aos invasores viquingos, mais perece na batalla. 1533 - A Igrexa de Inglaterra anula o matrimonio entre Catarina de Aragón e Henrique VIII de Inglaterra. 1834 - Betanzos perde a capitalidade da provincia ao ser asimilada á da Coruña. 1846 - Batalla de Cacheiras, que remata co levantamento progresista en Galiza contra o poder central e o fusilamento dos Mártires de Carral. 1920 - Fundación da Grande Asemblea Nacional de Turquía e proclamación da República por Ataturk. 1937 - Asalto do bou Eva, tráxico período da represión franquista en Galiza. 1967 - Lanzamento da Soiuz 1, cun só cosmonauta, Vladimir Komarov, que morre cando a nave se estrela ao retornar. 2007 - Lanzamento do observatorio espacial italiano AGILE.
Nacementos miniatura|100px|Aurelio Aguirre. 1185 - Afonso II, terceiro rei de Portugal. 1564 - William Shakespeare, dramaturgo, poeta e actor inglés. 1697 - George Anson, almirante británico (m. 1762). 1755 - William Turner, paisaxista inglés, en Covent Garden, Londres. 1791 - James Buchanan, presidente dos Estados Unidos (m. 1868). 1812 - Alejandro de Castro Casal, político e diplomático galego (m. 1881). 1826 - Victoriano Sánchez Barcáiztegui, militar galego (m. 1875). 1833 - Aurelio Aguirre, poeta galego. 1857 - Ruggero Leoncavallo, compositor italiano (m. 1919). 1858 - Max Planck, físico alemán. 1858 - Manuel María Puga y Parga, escritor, gastrónomo e político galego. 1861 - Ricardo Mella, escritor e activista libertario galego (m. 1925). 1867 - Johannes Andreas Grib Fibiger, médico danés (m. 1928). 1879 - Aurora Rodríguez Carballeira, nai de Hildegart (m. 1955). 1882 - Albert Coates, compositor e director anglo-ruso (m. 1953). 1891 - Serguei Prokofiev, músico ruso. miniatura|100px|Valentín Paz Andrade. 1898 - Valentín Paz-Andrade, político e escritor galego. 1899 - Vladimir Nabokov, escritor estadounidense, en San Petersburgo. 1907 - Baltasar Lopes da Silva, escritor caboverdiano (m. 1989). 1923 - Xosé Manuel Rey de Viana, bailarín e coreógrafo galego (m. 1995). 1928 - Shirley Temple, actriz estadounidense. 1929 - George Steiner, crítico e teórico da literatura francés. 1932 - Xosé Chao Rego, teólogo e escritor galego. 1936 - Roy Orbison, cantante e compositor estadounidense. 1940 - Esperanza Guisán, filósofa galega. 1947 - Ifi Amadiume, escritora e antropóloga nixeriana. 1954 - Michael Moore, cineasta norteamericano. 1955 - Eloi Caldeiro, músico e escritor galego. 1976 - Pasión Vega, cantante española.
Mortes miniatura|100px|Miguel de Cervantes. 1016 - Ethelred II, rei de Inglaterra. 1605 - Boris Godunov, tsar de Rusia. 1616 - Miguel de Cervantes, escritor español. 1616 - (calendario gregoriano) William Shakespeare, dramaturgo, poeta e actor inglés. 1850 - William Wordsworth, poeta romántico inglés. 1868 - Ramón María Narváez, político e militar español. 1893 - Manuel Estévez Caneda, político galego (n. 1824). 1913 - Marcial Taboada de la Riva, médico e político galego (n. 1837). 1940 - Gerardo Doval Rodríguez, avogado e político galego. 1967 - Edgar Neville, escritor español (n. 1899). 1975 - Xesús Ferro Couselo, historiador e investigador (n. 1906) 1977 - Tino Grandío, pintor galego (n. 1924). 1981 - Josep Pla, escritor catalán. 1982 - Rebelo Gonçalves, filólogo e lexicográfico portugués (n. 1907). 1986 - Otto Preminger, director de cinema estadounidense. 1992 - Matilde Vázquez, soprano teatral de zarzuela e revista do século XX. 1997 - Francisco Castro Represas, arquitecto galego (n. 1905). 2007 - Boris Eltsin, político ruso (n. 1931). 2012 - Xosé Manteiga Pedrares, escritor e filósofo galego (n. 1934). 2017 - Mariví Villaverde, exiliada e escritora galega (n. 1922).
Festas e celebracións Día de Aragón, instituído en 1978. Día de Castela e León, en conmemoración da derrota dos Comuneros en Villalar (Valladolid). Día dos Namorados en Cataluña, que se celebra cun libro e unha flor. Día Mundial do Libro e dos Dereitos de autoría. Día Nacional de Inglaterra.
Outros Santoral: San Xurxo
Os 366 días do ano
Categoría:Abril