A píldora dourada europea, tamén coñecida como píllara dourada, píllara dourada grande ou píldora dourada (Pluvialis apricaria) é unha ave limícola de tamaño grande, moi semellante a dúas especie próximas, a píldora dourada americana (Pluvialis dominiica), e a píldora dourada siberiana (Pluvialis fulva), que son máis pequenas, delgadas e de patas relativamente máis longas. A píldora dourada europea é unha das especies incluídas no AEWA.

Descrición As píldoras douradas europeas miden de 26 a 29 cm de lonxitude e pesan entre 150 e 220 g. A envergadura das súas ás vai dos 67 ó 76 cm. Teñen aspecto gordecho e a cabeza arredondada. Na época de reprodución os machos adultos teñen manchas douradas e negras pola cabeza o lombo e as ás. A cara e o pescozo son negros cunha beira branca e o peito e tamén negro. As femias teñen tamén a parte inferior do corpo escura, pero son menos contrastadas cós machos. A coloración negra é, porén, moi variable, polo que non sempre resulta doado diferenciar os sexos.

A coloración negra desaparece na plumaxe invernal, a cara é e o peito e o ventre son abrancazados. As patas son negras. esquerda|miniatura|Plumaxe de inverno

A súa voz é un berro triste e monótono, que emite na intervalos regulares. A primeiros do ano o canto dos machos que están marcando un territorio é particularmente notorio.

As píldoras douradas comen insectos, crustáceos, vermes e caracois, que apañan do chan en campos, tundras, praias e nas zonas descubertas pola marea baixa.

Distribución e hábitat A zona da cría da especie son os páramos e a tundra da parte máis meridional de Europa e oeste de Asia. Son aves migratorias, que pasan o inverno no sur de Europa, as illas británicas (ó redor de 500.000 exemplares) e o norte de África. Nos cuarteis de inverno viven en campos e prados. miniatura|esquerda|220px|Pluvialis apricaria en Islandia Aínda que son unha aves relativamente comúns, a súa área de distribución reduciuse algo a causa da perda dos seus hábitats. No século XIX desapareceu como reprodutora, por exemplo, de Polonia. As hoxe moi reducidas poboacións reprodutoras de Centroeuropa son probablemente resultado da derradeira glaciación (Tomek & Bocheński 2005).

Reprodución miniatura| Pluvialis apricaria miniatura|Ovo e polos da píldora dourada nun selo das illas Feroe. O niño das píldoras douradas europeas é unha depresión plana no chan, escasamente acondicionada cun pouco material vexetal. Poñen, con 2 ou 3 días de separación, uns catro ovos duns 52 x 35 mm, de cor castaña verdosa cun debuxo castaño escuro. Os dous membros da parella ocúpanse da incubación. Os polos tardan uns 30 días en rompe-la casca e de seguida están preparados para buscar comida pola súa conta, aínda que son vixiados e dirixidos polos pais.

Cando un intruso se achega ó niño, as píldoras douradas europeas adultas tentan afastalo do seu territorio atraéndoo con manobras de distracción e carreiras.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Tomek, Teresa & Bocheński, Zygmunt (2005): Weichselian and Holocene bird remains from Komarowa Cave, Central Poland. Acta zoologica cracoviensia 48A(1-2): 43-65. PDF texto completo Ligazóns externas A píldora dourada europea na " Protección da especie no oeste da Baixa Saxonia

Categoría:Carádridos Categoría:Animais descritos en 1758