Johann Christoph Friedrich von Schiller, nado en Marbach am Neckar o 10 de novembro de 1759 e morto en Weimar o 9 de maio de 1805, foi un poeta, dramaturgo, filósofo e historiador alemán. É considerado un dos autores teatrais máis importantes en lingua alemá. Como poeta tivo tamén unha influencia enorme, e as súas Balladas están entre os poemas máis coñecidos no ámbito de lingua alemá.

É, con Goethe, Wieland e Herder, un dos representantes senlleiros do clasicismo de Weimar.

Traxectoria Orixe, educación e primeiros éxitos A casa patrucial e a escola Friedrich Schiller foi fillo do oficial e cirurxián Johann Caspar Schiller e de Elisabeth Dorothea Schiller, (de solteira, Kodweiß). O futuro escritor foi o único fillo home dos seis da parella, e naceu cando o pai se atopaba loitando na guerra dos sete anos. En 1763, despois de que o pai conseguira unha praza de oficial de recrutamento, a familia trasladouse a Lorch, en Württemberg. Pouco despois do nacemento de Luise, unha das irmás de Schiller, en 1766 a familia múdase, obrigada pos seus problemas económicos, a Ludwigsburg onde, nese mesmo ano, Schiller entra na escola latina. O estudo das linguas clásicas era axeitado para a futura carreira eclesiástica á que o destinaban seus pais. Con trece anos escribe dúas pezas teatrais que non se conservan. Absalon e Die Christen.

Schiller atraeu a atención do duque de Württemberg, Karl Eugen, e, por orde ducal e contra a vontade de seus pais, tivo que entrar na academia militar de elite Karlsschule en 1773. Esta academia, fundada polo propio duque e que se atopaba no castelo Solitude, preto de Stuttgart, foi trasladada ó recinto da cidade en 1775 e transformada en universidade en 1781. Schiller comezou estudos de dereito. Os alumnos eran educados con disciplina militar, e o feito de que Schiller sufrira de enurese ata os 15 anos custoulle duros castigos por dúas veces. Schiller tomaba rapé en segredo e el e os seus compañeiros lían libros prohibidos.

Estudos de medicina miniatura|esquerda|Casa natal de Schiller. En 1775, despois do traslado a Stuttgart da academia, Schiller cambiou de carreira e comezou a estudar medicina. Nesa época leu avidamente as obras dos poetas do movemento do Sturm und Drang e os poemas de Klopstock. No mesmo 1775 escribiu outra obra dramática non conservada, o drama Der Student von Nassau ("O estudante de Nassau"). A súa primeira obra publicada, o poema Der Abend ("A tarde"), ve a luz o ano seguinte. Schiller le as obras de Plutarco, Shakespeare, Voltaire, Rousseaus e Goethe. En 1776 empeza a traballar na obra Die Räuber ("Os ladróns"). En 1779 pasa o primeiro exame de medicina e pide ser liberado do posto de médico militar, solicitude que lle foi concedida só despois de ler a súa tese Versuch über den Zusammenhang der thierischen Natur des Menschen mit seiner geistigen ("Ensaio sobre a relación entre as naturezas animal e espiritual do home").

Die Räuber En 1781 Schiller acaba a redacción da obra teatral Die Räuber, ("Os ladróns"), que foi impresa anonimamente ese mesmo ano. Nesa época entra en contacto co poeta Christian Friedrich Daniel Schubart, encarcerado na fortaleza de Hohenasperg, na cidade de Asperg, preto de Stüttgart.

O 13 de xaneiro de 1782 estréase con grande éxito (en especial entre o público máis novo) Die Räuber, no teatro nacional de Mannheim. A obra amosa o conflito entre dous irmáns aristócratas. O máis vello, Karl Moor, conduce a un grupo de estudantes rebeldes ós bosques de Bohemia, onde se converten nunha banda de bandidos ó estilo de Robin Hood. O máis novo, Franz Moor, intriga para herdar as terras de seu pai. A crítica á corrupción social e os ideais protorrevolucionarios da obra converteron a obra nun grande éxito e valéronlle, anos despois, para ser nomeado membro honorario da República Francesa. Grupos de xoves liberais crearon nos meses seguintes no sur de Alemaña varias "cuadrillas de ladróns". Schiller estivo presente na estrea co seu amigo Andreas Streicher, malia a prohibición do duque, o que lle custou ser condenado a 14 días de cadea e a prohibición de escribir futuras comedias e material semellante.

Fuxida de Stuttgart A noite do 22 ó 23 de setembro de 1782 foxe de Stuttgart con Andreas Streicher e diríxese a Mannheim, onde entrega a Dalberg, intendente do teatro local, o seu novo drama Die Verschwörung des Fiesco zu Genua, ("A conxuración dos Fiesco de Xénova"). Viaxa a Frankfurt, Oggersheim e Bauerbach. Streicher relatou a fuxida no libro Schillers Flucht von Stuttgart und Aufenthalt in Mannheim von 1782 bis 1785, ("A fuxida de Schiller e a súa estancia en Mannheim de 1782 a 1785"). A finais de 1782 aparece a Anthologie auf das Jahr 1782 con 83 poemas, máis deles de Schiller.

Os anos inseguros (1783–1789) En 1782, grazas á axuda do seu amigo dos tempos da universidade Wilhelm von Wolzogen, Schiller atopa abeiro na casa da mai deste, Henriette, en Bauerbach. Alí coñece ó bibliotecario Reinwald de Meiningen, que casaría máis tarde con Christophine, a irmá de Schiller. En Bauerbach acabou Luise Millerin e empezou a escribir Don Karlos.

Invitado por Dalberg regresa en 1783 a Mannheim, para ocupar un posto no teatro. Alí enferma de febres nerviosas (malaria), enfermidade naquela época endémica do val do Rin. En Mannheim coñece a Charlotte von Kalb. En xaneiro de 1784 estréase o Fiesco, en abril Luise Millerin, que foi renomeada die Kabale und Liebe por August Wilhelm Iffland. En xuño le o discurso "Die Schaubühne als eine moralische Anstalt betrachtet", ("O teatro como institución moral")Máis coñecido polo título da edición impresa Die Schaubühne als eine moralische Anstalt betrachtet. En decembro recibe do duque Carl August von Sachsen-Weimar o título de conselleiro de Weimar; Carl August estivera presente na primeira representación de Don Karlos. Despois dun ano, Dalberg non renovou o contrato de Schiller no teatro de Mannheim, o que case provocou que o escritor acabara na cadea por débedas.

En abril de 1785 Schiller marchou a Leipzig cabo de Christian Gottfried Körner, que lle axudou a superar as dificultades económicas. A amizade con Körner, que editou entre 1812 e 1816 as obras completas do autor de Marrbach, era resultado dunha carta sen firmar que este dirixira ó autor xunta co seu amigo Ludwig Ferdinand Huber e as irmás Anna Maria (Minna) e Johanna Dorothea (Dora) Stock, na que amosaba na súa admiración polos dramas de Schiller. Os autores da carta eran dous matrimonios que se enfrontaban á resistencia das familias (as irmás Stock eran fillas dun traballador manual de Leipzig) e que se sentían identificados co drama Kabale und Liebe. Medio ano despois, Schiller respondeu sinalando que as súas cartas […] atópanme nun dos momentos máis tristes do meu corazón. O 7 de agosto de 1785 Christian Gottfried casou con Minna.

No verán de 1785 Schiller escribiu a petición de Körner, que era membro da masonería, a Ode an die Freude (comunmente traducida por "Oda á alegría"). Esta peza estaba destinada a loxa masónica Zu den drei Schwertern de Dresden. Durante a estadía en Loschwitz o escritor coñeceu, na vila de Blasewitz, fronte ó río Elba, a Johanne Justine Segedin, filla dun fondista, á que inmortalizaría en 1797 en Wallensteins Lager como Gustel von Blasewitz. En 1786 apareceu na segunda entrega da revista Thalia o conto Verbrecher aus Infamie. Eine wahre Geschichte, que foi publicado máis tarde co título de Der Verbrecher aus verlorener Ehre.

O 21 de xullo de 1787 Schiller viaxa a Weimar onde coñece a Herder e Wieland. Durante unha viaxe por Rudolstadt coñece a Charlotte von Lengefeld e a súa irmá Caroline, máis coñecida polo seu nome de casada de Caroline von Wolzogen, despois de que esta publicara anonimamente na revista publicada por Schiller Die Horen a novela Agnes von Lilien, que foi en parte atribuída ó mesmo Schiller.

En 1788, despois de regresar da súa viaxe a Italia, Goethe entrevístase con Schiller o 7 de setembro nos xardíns da familia Lengefeld en Rudolstadt, pero non se desenvolveu unha corrente de interese mutua. Schiller acabou o primeiro e único tomo de Geschichte des Abfalls der Vereinigten Niederlande von der spanischen Regierung e as doce Cartas sobre Don Carlos.

miniatura|esquerda|A. Graff (contra 1790): Friedrich Schiller. Na décima carta da colección, Schiller escribiu que non era nin illuminati nin masón. O bisneto do escritor, Alexander von Gleichen-Rußwurm, afirmaba, porén, que Schiller fora membro da loxa de Rudolstädt, Freimaurerloge, Günther zum stehenden Löwen, da que foi membro tamén Fichte.http://www.internetloge.de/arst/schiller.htm. En 1829 dous membros desta loxa queixáronse da súa disolución, na que finalmente tería entrado Schiller, malia que non hai probas documentais deste feito.Eugen Lennhoff, Oskar Posner, Dieter A. Binder: Internationales Freimaurer Lexikon. Herbig Verlag, 5. Auflage 2006, ISBN 978-3-7766-2478-6

A consolidación económica 1789-1799 miniatura|Anuncio da concesión do a Schiller do título de cidadán honorario da República Francesa (1792). No ano 1789 Schiller obtivo o posto de profesor da universidade de Jena, sen un soldo establecido. Deu clases de historia por ben que era profesor de filosofía. Obtivo a súa cualificación profesoral coa súa Geschichte des Abfalls der Vereinigten Niederlande (Historia da caída da Unión dos Países Baixos). O recordo do éxito de Die Räuber provocou que a noticia da presenza de Schiller en Jena xerara un grande entusiasmo. A lección inaugural Was heißt und zu welchem Ende studiert man Universalgeschichte? ("Para que se estuda a historia universal?") provocou unha expectación enorme e obrigou a habilitar a sala meirande da universidade para poder dar entrada a todo o público asistente.

O 22 de febreiro de 1790 casa con Charlotte von Lengefeld, e ao ano seguinte enferma de gravidade: o 3 de xaneiro prodúcese o primeiro ataque, con tose e desmaios, ó que seguen recaídas posteriores. A doenza, probablemente tuberculose, acompañouno o resto da súa vida. En decembro do mesmo ano Ernst Heinrich conde von Schimmelmann e Friedrich Christian von Augustenburg concédenlle unha pensión anual de 1.000 táleros para aliviar a súa precaria situación económica. miniatura|esquerda|Casa de Schiller na actual Schillerstraße.

En 1792 foille concedido o título de cidadán honorario da República Francesa, ó mesmo tempo que Friedrich Klopstock, Johann Pestalozzi, George Washington e Tadeusz Kościuszko. Neste nomeamento tivo máis que ver a sona de rebelde do escritor que a súa postura real. O apoio inicial de Schiller á revolución francesa mudou bruscamente durante o goberno dos xacobinos e a instauración do Terror.

Nese ano completou a redacción da Geschichte des Dreißigjährigen Krieges e as obras Neue Thalia e Über die tragische Kunst. En 1793 aparece Über Anmut und Würde ("Sobre a pobreza e a honra") e Schiller fai unha visita a seus pais en Ludwigsburg. O 14 de setembro naceu o seu primeiro fillo, Karl Friedrich Ludwig, En 1794 Schiller entrou en contacto co editor Friedrich Cotta, que se mostrou disposto a editar a revista mensual Die Horen e o Almanaque das musas.

A relación con Goethe A relación de amizade con Johann Wolfgang von Goethe deu lugar a unha intensa relación epistolar. En setembro de 1794 Schiller pasou dúas semanas na casa de Goethe, tempo no que este tentou agachar a súa relación libre con Christiane Vulpius. Christiane e o seu fillo de cinco anos permaneceron fóra da vista do visitante, que describiu a relación como o único punto feble de Goethe e criticouno nunha carta polo seu “concepto equivocado da felicidade doméstica“, que Goethe definía coma “relación de parella sen cerimonias“. Pola súa parte a Goethe amolábano a paixón polas cartas e o hábito de fumar de Schiller. A anécdota de que Schiller só podía escribir se cheiraba a mazás podres procede de Goethe.