Karl Manne Georg Siegbahn, nado en Örebro o 3 de decembro de 1886 e finado en Estocolmo o 26 de setembro de 1978, foi un físico sueco que recibiu en 1924 o Premio Nobel de Física.

Traxectoria Karl Manne Siegbahn foi nomeado doutor en 1911 na Universidade de Lund. O título da súa tese foi Magnetische Feldmessungen (Medidas do campo magnético). Foi premiado coa medalla Hughes en 1934 e coa medalla Rumford en 1940.

Casou con Karin Högbom en 1914 e tiveron dous fillos: Bo Siegbahn (diplomado, nado en 1915) e Kai M. Siegbahn (físico, nado en 1918). Este último tamén recibiu o Premio Nobel de física en 1981.

Investigacións científicas As súas investigacións científicas céntranse no ámbito da espectroscopia mediante raios X, razón pola que foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1924.

Recoñecementos Na súa honra bautizouse ao asteroide (10446) Siegbahn descuberto o 16 de outubro de 1977 por Cornelis Johannes van Houten, Ingrid van Houten-Groeneveld e Tom Gehrels.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1924

Categoría:Físicos de Suecia Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados en Örebro Categoría:Premios Nobel de Suecia