Meire é unha parroquia situada no leste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses dos Espiñeiros, Folgoso, Allariz (Santiago), Allariz (Santo Estevo) e Requeixo de Valverde e co concello de Xunqueira de Ambía.

Poboación Segundo o IGE, en 2015 tiña 93 habitantes (45 homes e 48 mulleres), o que supón un aumento con respecto ano ano 2006, cando tiña 87.

No nomenclátor da Xunta recóllense catro lugares da parroquia (A Acea, Fondevila, O Rial e A Tellada), mentres que nas estatísticas actuais do IGE outórgaselle poboación soamente a tres entidades: A Acea, O Rial e Meire, con 35, 20 e 38 habitantes respectivamente.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Meire

Parroquias de Allariz

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Allariz

Categoría:Parroquias de Allariz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María