A revolución social española de 1936, comunmente coñecida como revolución española, SUDOC (Sistema Universitario de Documentación de Francia) Listado libros que empregan o termo foi un proceso revolucionario que se deu tralo intento de Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que desembocou na Guerra civil española. A súa principal base ideolóxica foi o anarcosindicalismo e o comunismo libertario da CNT-FAI, cun compoñente marxista revolucionario, caracterizado polo POUM e a á caballerista do PSOE e UXT. Caracterizouse, entre outras cousas, polo seu anticlericalismo no relixioso, o seu cantonalismo e horizontalismo no administrativo, o seu racionalismo na educación e o colectivismo autoxestionario no económico.

Fases da revolución miniatura|Milicianas anarco-feministas durante a Revolución social de 1936. Entre o 16 e o 17 de xullo de 1936 iniciouse o golpe de Estado militar. O 18 de xullo, mentres os militares golpistas proseguen a súa sublevación, prodúcese a ausencia de poder por parte do colapsado Estado republicano (sucédense catro gobernos nun só día) que dá lugar a que as estruturas do Estado se disolvan ou paralicen alá onde os golpistas non se fan co poder. Para entón, a CNT conta con aproximadamente 1.577.000 militantes e a UXT con 1.447.000 militantes. O 19 de xullo a sublevación chega a Cataluña, onde os obreiros toman as armas e asaltan os cuarteis, erguendo barricada e freando os insurrectos.

Primeira fase da revolución (xullo-setembro 1936): O verán da anarquía Os sindicatos CNT e UXT convocan unha folga xeral do 19 ó 23 de xullo como resposta tanto á sublevación militar como á aparente apatía do Estado fronte á mesma. Malia que xa existían antecedentes puntuais en días anteriores de distribución de armas entre sectores civís, é durante a folga xeral cando grupos de sindicalistas vinculados ós sindicatos convocantes e a grupos menores, asaltan moitos dos depósitos de armas das forzas da orde, independentemente de que estean sublevados contra o Goberno ou non. Xa nestas primeiras semanas se establecen dous matices entre os sectores revolucionarios anarcosindicalistas: o grupo radical, vinculado fundamentalmente á FAI e, a través dela, á CNT, aínda que tamén participen outras organizacións menores, que entende o fenómeno do que participa como unha revolución á usanza tradicional; e o grupo posibilista, formado tamén por membros doutro sector da CNT (e outros grupos revolucionarios máis moderados), que expresa a conveniencia de participar nunha fronte máis ampla, a posteriormente chamada Fronte Popular Antifascista (FPA), resultado de sumar os sindicatos á coalición electoral da Fronte Popular.

thumb|Emblema da CNT. Paralelamente, xorde a formación de estruturas administrativas á marxe do Estado, a maioría delas de carácter local ou comarcal, superando en casos puntuais estes límites; algunhas das máis importantes serán: Comité Central de Milicias Antifascistas de Cataluña Comité Executivo Popular de Valencia Comité de Saúde Pública de Málaga Comité de guerra de Xixón Consello da Cerdaña Comité Antifascista de Ibiza

En todas estas estruturas queda reflectida a distinción anteriormente citada entre as dúas sensibilidades revolucionarias. En mans dos radicais quedan os comités de guerra e de Defensa, de progresivamente menor importancia. En mans dos posibilistas, o resto.

En poucos días articúlanse as frontes da guerra civil, dos que un dos principais no contexto da revolución é a de Aragón. O 24 de xullo de 1936 parte a primeira milicia voluntaria de Barcelona en dirección a Aragón. É a Columna Durruti, que contaba cuns 3.000 milicianos, maioritariamente traballadores coordinados por Buenaventura Durruti, que van implantando o comunismo libertario polos concellos polos que van pasando. Ademais fórmanse outras destas estruturas militares como a Columna de Hierro ou a Columna Rojo y Negro que parten tamén cara Aragón. Todo este movemento deu lugar a unha extraordinaria concentración de anarquistas na parte non tomada polos militares alzados. A chegada, por unha parte, dos millares de milicianos anarquistas de Cataluña e Valencia, e a existencia, por outra, dunha gran base popular rural aragonesa de filiación anarcosindicalista, permitirán o desenvolvemento progresivo da maior experiencia colectivista da revolución.

Durante esta primeira fase a maior parte da economía española foi posta baixo o control dos traballadores organizados polos sindicatos; principalmente en áreas anarquistas como Cataluña este fenómeno chegou ó 75% do total da industria, pero nas áreas de influencia socialista a taxa foi bastante menor. As fábricas foron organizadas por comités de traballadores, as áreas agrícolas chegaron a colectivizarse e funcionar como comunas libertarias. Incluso lugares como hoteis, salóns de peiteado, ou restaurantes foron colectivizados e manexados polos seus propios traballadores.

George Orwell describe unha escena de Aragón durante este período, no que participou como parte da División Lenin do POUM, no seu libro Homage to Catalonia:

As comunas foron usadas de acordo ó principio básico de «De cada un de acordo á súa habilidade, a cada un de acordo á súa necesidade». Nalgúns lugares, os cartos foron totalmente eliminados, para ser substituído por vales. Baixo este sistema, o custo dos bens era con frecuencia un pouco máis dun cuarto do custo anterior. As áreas rurais incautadas e colectivizadas durante esta fase da revolución oscilan: máis do 70% en Cataluña, preto do 70% no Aragón reconquistado, o 91% de Estremadura que quedaba na República, o 58% en Castela-A Mancha, o 53% en Andalucía non sometida ós militares insurrectos, o 25% para Madrid, o 24% para Murcia e o 13% na actual Comunidade Valenciana. No tocante á colectivización destas terras expropiadas, o total supón un 54% da superficie expropiada da España republicana, segundo datos do IRA. Porén, dado que o Ministerio de Agricultura, e por extensión o IRA, estaban baixo control do Partido Comunista, hostil á colectivización, os datos poderían ser maiores. As provincias onde adquiriron maior importancia as colectividades rurais, foron as de Cidade Real, onde estaban colectivizadas en 1938, 1.002.615 has, o 98,9% da superficie cultivada en 1935- e Xaén -con 685.000 has e o 76,3%, quedando a moita distancia o resto das provincias republicanas. Moitas colectividades aguantarían até o final da guerra.

No Aragón no que se proclama o comunismo libertario ó paso das columnas de milicias libertarias, fórmanse aproximadamente 450 colectividades rurais, a práctica totalidade delas en mans da CNT, cun número que roldará as 20 a cargo da UXT.

Na área valenciana constituíronse 353 colectividades, 264 dirixidas pola CNT, 69 pola UXT e 20 de xeito mixto CNT-UXT. Un dos seus principais logros foi o Consello Levantino Unificado de Exportación de Agres (coñecido polas súas iniciais, CLUEA) e a total socialización das industrias e servizos da cidade de Alcoi.

Malia as críticas que clamaban pola máxima eficiencia, as comunas anarquistas producían máis que antes de ser colectivizadas. As zonas liberadas recentemente traballaron sobre os principios libertarios: as decisións eran tomadas a través de concilios de cidadáns comúns sen ningún tipo de burocracia (cabe mencionar que o liderado da CNT-FAI neste período non foi tan radical como os membros responsables destes drásticos cambios).

Sumado á revolución económica, existiu un espírito de revolución cultural. Algunhas tradicións eran vistas como tipos de opresión. Por exemplo, ás mulleres permitíaselles abortar. A idea do amor libre fixouse e houbo un auxe do naturismo. Dalgún xeito, a liberación foi similar á dos movementos da «Nova Esquerda» da década de 1960.

Malia esta situación de descomposición de facto do poder estatal, para o 2 de agosto o goberno toma unha das primeiras medidas co obxecto de recuperar o control fronte á revolución: a creación dos Batallóns de Voluntarios, xermolo do Exército Popular da República. Tamén promulgará algúns decretos, máis simbólicos que reais, desbordado polo fenómeno revolucionario:

Decreto do Goberno da República do 18 de xullo declarando cesantes ós militares que participen no golpe. Decreto do 25 de xullo declarando cesantes ós empregados do Goberno que simpaticen cos golpistas. Decreto do 25 de xullo de intervención da industria. Decreto do 3 de agosto de incautación dos ferrocarrís. Decreto do 3 de agosto de intervención nos prezos de venda de alimentación e roupa. Decreto do 8 de agosto de incautación de propiedades rústicas. Decreto do 13 de agosto de clausura de institucións relixiosas. Decreto da Generalitat Catalana do 19 de agosto de socialización e sindicalización da economía. Decreto do Goberno da República do 23 de agosto de creación dos Tribunais Populares.

Xorden tamén xa as primeiras tensións entre a estratexia da CNT e a política do Partido Comunista e a súa extensión en Cataluña, o PSUC, e o 6 de agosto saen os membros do PSUC do goberno autonómico catalán polas presións anarcosindicalistas.

Segunda fase da Revolución (setembro-novembro 1936): Primeiro Goberno da Vitoria miniatura|dereita|Escudo do Consello Rexional de Defensa de Aragón Tanto nesta etapa como na anterior as estruturas do Estado se limitan a lexislar sobre unha política de feitos consumados pola Revolución, aínda que debido ó crecemento da escalada bélica contra os militares sublevados, os sindicatos empezan a ceder circunstancialmente o control das columnas ó Estado para a Defensa de Madrid de outubro-novembro, que foi dirixida por un organismo semiindependente, no que estaban representados tódolos partidos da Fronte Popular ademais dos anarquistas, a Xunta de Defensa de Madrid, logo chamada Xunta Delegada de Defensa de Madrid. O inicio de todo este maior acordo e acercamento entre os partidos da Fronte Popular e os sindicatos plásmase na formación do primeiro Goberno da Vitoria (4 de setembro) de Largo Caballero.

Entre as medidas destinadas a absorber ou intentar lexislar a actividade dos revolucionarios destacan: Decreto do Goberno da República de incautación de propiedades rústicas de condenados polos Tribunais Populares do 17 de setembro. Decreto do 10 de outubro de creación dos Xurados de Urxencia do Goberno. Decreto da Generalitat Catalana do 22 de outubro de colectivizacións e control obreiro.

Malia este aparente consentimento ós revolucionarios, non intervén activamente no desenvolvemento da revolución, e o seu principal obxectivo será potenciar e fortalecer o Exército como pedra base do Estado, a través de distintas medidas, entre as que salientan, alén dos intentos reiterados de disolución dos Comités de Defensa e Comités de Guerra, as máis radicais:

Constitución da Milicia de Vixilancia de Retagarda (16 de setembro) coas que o goberno controla ás milicias de retagarda, ata ese momento independentes. Decreto de transvasamento voluntario de xefes e oficiais das milicias populares ó Exército (28 de setembro). Decreto de aplicación do Código de Xustiza militar ás milicias populares (29 de setembro).

Cando a guerra se empeza a prolongar, o espírito dos primeiros días de revolución afrouxa e comeza a fricción entre os moi diversos integrantes da Fronte Popular Antifascista, en parte debida ás políticas do Partido Comunista, establecidas desde o ministerio de exterior da Unión Soviética estalinista,Lluís Perarnau. España traicionada Stalin y la Guerra Civil. Juan Manuel Vera. Estalinismo y antiestalinismo en España a maior fonte de axuda estranxeira para unha República que neses momentos comezaba a relevantarse e que necesitaba imperiosamente da mesma.